Resultados da Xornada do 23 e 24 de Novembro

IMG-20191124-WA0003

2ª DIVISION MASCULINA: CB ARTEIXO DUACODE 59 – ADB FONTIÑAS 56 (J6)  

Saída do equipo do Fontiñas á dificil cancha do Arteixo, ante un equipo moi compacto e con moita experiencia na categoría.

O partido comezou moi mal para os santiagueses, con moitos nervos en ataque, e chegando a dispor de 5 triplas no mesmo ataque, pero errando os 5 intentos. Ese mal comezo, xunto coas canastas fáciles acadadas polos xogadores locais facían que obtivesen una diferenza de 22-8 nos compases iniciais que sería insalvable para o resto do encontro.

O segundo cuarto non comezou moito mellor para o Fontiñas, que ollaba como os xogadores locais seguían a se distanciar no marcador.

Unha vez tranquilizados, os de Fontiñas conseguiron, pouco a pouco, recortar o novo parcial e levarse o segundo cuarto por un punto, pero acabándoo con boas sensacións (40-27).

Tralo paso polos vestiarios e tratando de cambiar o ritmo con diferentes defensas, os visitantes recortaron o marcador chegando ao comezo do último cuarto a 9 puntos e coa sensación de que se podía pelexar polo triunfo no derradeiro cuarto.

Sen embargo, esto foi un pequeno espellismo, xa que de novo os xogadores locais conseguiron facer un parcial que esgotaba as esperanzas do Fontiñas, chegando ao final do encontro co un 69-56, que xusto foi a diferencia con que os locais conseguiron acabar o primeiro período.

Parciais: 22-8, 18-19 (40-27), 13-17, 16-12 (69-56)

Faltas: Arteixo 22, ADB Fontiñas 19. Sen eliminados

Anotadores:

ADB FONTIÑAS: Tomás (3), Cereijo (2), Reino (8), Adrián (2), Bruno (-), Daniel (6), Germán (-), Luis (21), Andrés (9), Aníbal (3), Reyes (2).

CB ARTEIXO: Abelenda (8), Antelo (2), Conchado (9), Vázquez (-), Sanmartín (7), Peña (4), Vilariño (-), Escariz (7), Souto (4), Moar (9), Cochón (19).

 
2ª DIVISION FEMININA:  Mouronte automóviles (47) – Balidea Fontiñas (54)  
Terceira victoria da tempada e tamén consecutiva para as rapazas do Balidea Fontiñas ante un rival complicado e moi intenso que impuxo un nivel físico moi alto durante todo o partido.

Comezaba titubeante o partido para ambos equipos, os primeiros tiros non entraban, pero pouco a pouco as rapazas do Balidea Fontiñas, gracias a unha grande labor defensiva e aproveitando vantaxes en ataque, foron depegándose moi lixeiramente no marcador. Pola metade do segundo cuarto, a vantaxe era xa de 7 puntos nun partido con tanteo baixo. Un mal final de segundo cuarto poñía o empate a 21 ao descanso.

Non arrancaba cómodo o terceiro cuarto para o Balidea Ftontiñas ante unha intensa presión a todo o campo do equipo local. Despois dun tempo morto a mediados do terceiro cuarto, as rapazas do Balidea Fontiñas sairon moi concentradas e moi intensas, conseguindo impoñer a súa defensa e con situacións ofensivas rápidas, rompendo o partido.

No derradeiro cuarto, o Balidea Fontiñas fixo gala dun alto estado de concentración, contendo a intensidade rival e controlando o partido, non permitindo que a vantaxe acadada se reduxese e manténdo sobre os 10 puntos.

Gran traballo de TODAS as xogadoras, dando un paso adiante no aspecto mental, ante un rival moi físico e duro.

Parciais:

(9 – 11), (12-10), (21 – 21 ao descanso), (16 – 21), (10 – 12)

Xogaron polo Balidea Fontiñas:

Otero, R (3); López, M (4); Cadaveira, B (11); Domínguez, A (24); Miñones, C (2) – quinteto inicial- Cardero, C (5); Pérez, N (0); Fernández, A (2); Cajaraville, I (1); Grela, T (2); Silles, A (0)

Os árbitros sinalaron:

22 faltas ás locais

21 faltas ás visitantes

 

ADB Fontiñas Bar Floows 62 – 71 Extrugasa Río Ulla

Un combativo ADB Fontiñas Bar Floows pon en problemas ao líder Río Ulla

O partido comezou cunha enorme intensidade do equipo local e un parcial de 11 – 0 no marcador, que obrigou ao Extrugasa a pedir un tempo morto no minuto 4 de partido. A partir de aquí as forzas equilibrándose, sobre todo por unha rocosa defensa zonal visitante que se mantivo todo o partido.

No segundo período o equipo visitante acurtou distancias até chegar ao descanso cun axustado 33 – 33 no luminoso. A partir de aquí o partido tivo idas e voltas até que a falta de seis minutos para o final o Extrugasa conseguiu coller a escapada boa tras unha serie de erros do equipo local produto do nerviosismo. Nos últimos minutos, aínda cun enorme traballo en defensa, a falta de acerto cara o aro tanto debaixo de canasta como no tiro exterior, así como unha serie de tiros libres fallados, condenaron ao ADB Fontiñas e evitaron a sorpresa da xornada.

Resultado final: ADB Fontiñas Bar Floows 62 – 71 Extrugasa Río Ulla

Parciais:

21 – 14

12 – 19

16 – 17

13 – 21

ADB Fontiñas: Piñeiro (0), Moldes (0), Gómez (0), Pereiras (7), Prieto (8), Redondo (20), Lucas (11), Oribe (14), Sorribas (0) ,Pérez (2)

Resultados da Xornada do 16 e 17 de Novembro

WhatsApp Image 2019-11-16 at 20.29.33

2ª DIVISION MASCULINA: ADB Fontiñas 88 – 59 SANTO DOMINGO BETANZOS

Primeira victoria do ADB Fontiñas na 2ª autónomica masculina ante o Santo Domingo Betanzos. Atopáronse os santiagueses cun equipo visitante con bastantes baixas e con poucos efectivos e trataron de aproveitar esta vantaxe dende o comezo, impoñendo un ritmo elevado no xogo e con moitos cambios de xogadores para non baixar este ritmo. Empezou moi acertado o equipo local conseguindo unha pequena vantaxe no marcador, máis pouco a pouco os visitantes foron recortando no marcador para acabar o primero cuarto 18-16.

No segundo cuarto aumentaron a defensa dos xogadores de Antón Berges conseguindo varios roubos de balón que lles permitían acadar canastras fáciles e abrir unha pequena distancia no marcador, para chegar ao descanso con 12 puntos de vantaxe (43-31).
A volta do vestiario non foi todo o boa que se agardaba xa que con un par de perdas de balón o equipo betanceiro tentou engancharse de novo ao partido. Sen embargo, de novos gracias aos cambios, voltou a subir o nivel defensivo do Fontiñas rompendo o partido e chegando ao comezo do último cuarto 63-41.

No derradeiro cuarto seguiu a tónica de todo o partido, cos visitantes xa moi esgotados e mermados oplas baixas, acabando con un 88-59 que lle da moito ánimo ao ADB Fontiñas para afrontar a segunda volta vendo que con esfuerzo e traballo conséguese o premio da victoria.
Agora toca visitar ao CB Arteixo na próxima xornada, tratando de continuar co bo estado de forma do equipo.

Parciais: 18-16, 25-15 (43-31) 20-10, 25-18 (88-59)
Faltas: 17 Fontiñas, 15 Betanzos. Sen eliminados
Anotadores:
ADB FONTIÑAS: Tomás (4), Cereijo (13), Reino (7), Adrián (10), Antonio (2), Bruno (5), Daniel (2), Germán (9), Luis (7), Andrés (23), Aníbal (2), Reyes (4).
SANTO DOMINGO BETANZOS: Iglesias I. (7), Rial A.N. (2), Férnandez D. (13), Cerviño A.F. (12), Arcay S.J. (3), Férnandez B. (16), Franco D.A. (-), Peña D. (6)

2ª DIVISION FEMENINA: BALIDEA FONTIÑAS 63 – 36 SANTO DOMINGO BETANZOS

Segunda victoria do sénior femenino de Fontiñas cimentada nun gran traballo defensivo, no alto ritmo en ataque e nas vantaxes de altura e efectivos do Balidea Fontiñas.
Comezaba o primero cuarto cun gran traballo defensivo do Balidea Fontiñas e con boas situacións ofensivas buscando e atacando a superioridade física e con bo ritmo, acadando rápidamente unha vantaxe preto dos 10 puntos. (15- 6)
O segundo cuarto estivo marcado pola reacción visitante, unha zona que desconcertou de inicio ás xogadoras locais unida a dous triples consecutivos apretaron o marcador, pero unha vez máis aa boa labor das xogadoras locais, buscando as vantaxes e movendo ben o balón, puxo aa diferencia en máis de 10 puntos ao rematar o segundo cuarto (31 – 18)
O terceiro cuarto tivo muchas similitudes co primero, cunha gran defensa sobre o equipo contrario e bo ritmo de ataque e movimiento, (con balón e sen balón) A pesares de que os lanzamentos exteriores se lle atragantaban ao equipo local, no marcador marcaba 43 – 23 ao final do terceiro cuarto.
Durante o derradeiro cuarto, o equipo non deixou de traballar tanto en ataque coma en defensa con un gran traballo de TODAS as xogadoras, aportando cousas tanto en defensa coma en ataque.
En conclusión, un gran paso adiante que o equipo precisaba aproveitando o gran traballo que se está a facer durante a semana.

Parciais:
(15 – 16), (16 – 12), (12 – 5), (20 – 13)
Xogaron polo Balidea Fontiñas:
Cardero, C (2); Otero, R (7); Fernández, A (0); Cadaveira, B (2); Domínguez, A (27) quinteto inicial. Grela, T (4); Valiño, A (0); López, M (2); Pérez, N (2); Cajaraville, I (4); Silles, A (0) y Miñones, C (13)
20 faltas señaladas e foi expulsada por 5 faltas, Grela, T.

3ª DIVISION MASCULINA: El Papatorio Tapas y Brasas 71 – 67 ADB FONTIÑAS BAR FLOOWS

Partido moi disputado no que o equipo de Fontiñas deu a cara dende o comezo e que discorreu cun marcador moi igualado durante todo o encontro. Sucesións de parciais facían que o resultado fose entre desvantaxes de 8 a 2 puntos durante todo o mesmo.
O partido decídese nos últimos 3 minutos nos que por primeira vez o ADB Fontiñas non foi quen de poñerse por diante no marcador nun final tan igualado como se agardaba, fallando 3 tiros libres nestes últimos minutos de xogo.

Dúas perdas de balón que permitiron dúas xogadas de 2+1 consecutivas para o equipo rival provocou que o ADB Fontiñas rematase perdendo de 4 ante un dos equipos favoritos da terceira división zonal.

Moi bo traballo en xeral e moi boas sensacións para seguir traballando nos próximos partidos.

ADB FONTIÑAS: Aarón (0), Iago Bizarro (5), Elías (0),Miguel Gómez (0),Álex Carsin (6),Aldán (29),Antón (17),Manu Lucas (2),Joel (4),Manu Cambeiro (2),Xoel (2),Carlos (0)

Comezo de adestramentos de Minibásquet

p36qj1wd_400x400

Os equipos das categorías “Minibásquet” do Clube, esto é; Babybásquet, Preminibásquet e Minibásquet, comezarán os adestramentos o mércoles 11 de Setembro de 2019, coincidindo co comezo do curso escolar. No sitio de sempre, o pavillón do CEIP As Fontiñas.

Se tes un peque e queres que veña a probar, pásate polo CEIP e estaremos encantados de vos axudar.

5º Día do Deporte Solidario de Área Central

WhatsApp Image 2019-06-08 at 22.55.28

Un ano máis, participamos no Día do Deporte Solidario de Área Central, que chega xa, con éxito, á súa 5ª edición.

D8M7-wjXsAEQNOd

Nesta edición, os nosos rapaces e rapazas dos equipos baby, premini e mini enfrontáronse ao Obradoiro en partidos de exhibición para apoiar a iniciativa de Área Central a favor de Cruz Vermella.

WhatsApp Image 2019-06-08 at 22.55.27

O partido máis popular do día, como é habitual, foi a pachanga de nais/pais contra fill@s.

WhatsApp Image 2019-06-08 at 21.01.29

Moitas gracias a todos por vir!