Acordos da Asemblea Ordinaria do ADB Fontiñas

O VENRES, DÍA 13 DE XUÑO, ás 20 horas en 1ª convocatoria e ás 20:30 h. en 2ª no Pavillón de Fontiñas, A AGRUPACIÓN DEPORTIVA DE BALONCESTO FONTIÑAS CELEBROU A ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE FIN DE TEMPORADA CA SEGUINTE ORDE DO DÍA:

1º) Lectura e aprobación do acta anterior: aprobado por unanimidade.
2º) Información económica do clube: aprobáronse as contas da tempada 2013-14.
3º) Cotas: acórdase que a Asemblea da ADB Fontiñas, por maioría das persoas asistentes, “faculta á Xunta Directiva da Agrupación a pasar o 1º recibo do curso 2014-15 o 1 de setembro do 2014 a todol@s membros da Agrupación inscritos este ano.” Se alguén non ten pensado seguir na Agrupación, que mande un correo a esta dirección: jmdidi@gmail.com, dicindo o nome d@ alumn@ e se quere, as circunstancias que o levan a deixar a Agrupación. Tomaremos nota e non se lle pasará o recibo nesa data. Se cambia de opinión e continua, pasarase en Outubro do 2014 como os outros anos. O segundo recibo pasarase en xaneiro do 2015. Se alguén quixera fraccionar máis o recibo (220 €/curso, como o ano pasado), que o comunique tamén nese correo electrónico (de Jose Dios).
4º) Festa fin de curso: acordamos celebrar a festa o sábado 14 de xuño, como estaba previsto, ás 17:30 horas, no pavillón de primaria de Fontiñas. Entrega de premios as 19:30 e merenda cea con actuación de rock, as 20 horas.
5º) Rogos e Preguntas:

-Adrián Dios fai un rogo: de solidarizarnos ca situación actual de C. B. Cluny, club histórico de Compostela na defensa do baloncesto de base, que está próximo a desaparecer.

-Jose Dios fai referencia a que teremos un equipo Senior Feminino, o que nos satisface enórmemente e será un fito histórico na Agrupación.

Sendo as 21:30 h. levántase a Asemblea.

P.D. Comunicar a todol@s membros da Agrupación que despois da festa daremos vacacións esta temporada, e avisaremos en agosto para comenzar a seguinte, esperando contar con toda a xente que formou parte da Agrupación até o momento, así como dar a benvida @s nov@s membros que xa temos confirmad@s para a tempada 2014-15. Esperamos 9 equipos (7 o ano anterior).

Unha aperta, vémonos na festa, e felices vacacións.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s