Partidos importantísimos do fin de semán do 30 e 31 de maio do 2015. E outras noticias…….

Partidos importantísimos do fin de semán do 30 e 31 de maio do 2015:

4ª Senior Masculino: ADB Fontiñas Serlude-C.B. Laracha: DOMINGO, 31 DE MAIO, AS 19 HORAS EN FONTIÑAS. De gañar o partido, O EQUIPO DE 4º DIVISIÓN, ASCENDERÍA A 3º DIVISIÓN. TEMOS QUE APOIALOS TOD@S OS MEMBROS DO CLUB NO PARTIDO MÁIS IMPORTANTE DA TEMPADA: GAÑAMOS E ASCENDEMOS A 3ª DIVISIÓN MASCULINA SENIOR. PARABÉNS A TOD@S.

JUNIOR MASCULINO DE 2ª DIVISIÓN: ADB Fontiñas Libraría Fonseca-Xuven de Cambados: DOMINGO, 31 DE MAIO, AS 17 HORAS EN FONTIÑAS: PERDIMOS (PERO FIXERON UNHA GRANDÍSIMA TEMPADA).ÁNIMO E ADIANTE.

Mini Mixto e Premini Mixto:participaron no Día Solidario de Area Central, a favor da Asociación SARELA de Dano Cerebral. Exitazo de asistencia e de actividades.

Seguiremso adestrando con normalidade ata o día 20 de xuño, que teremos o IIº Torneo de Baloncesto Fontiñas, con 5 clubs implicados e o día 21 de xuño, que teremos, a mañán o Iº Torneo de Baloncesto Fontiñas e a tarde a Festa da ADB Fontiñas. Seguiremos informando.

Mañán martes, tod@s @s que queran participar, as 16 horas e no colexio de Primaria de Fontiñas, teremos a compaña de Pepe Pozas e de Pavel Pumprla. Será un encontro do Obradoiro ca canteira do ADB Fontiñas.

O día 30 de maio, en Area Central e dende as 11 horas, temos a colaboración co Día Solidario da Asociación de Dano Cerebral: Sarela. O calendario o pondremos máis adiante…participarán @s Preminis e Minis, xunto c@s Pais/Nais/tíos/primos e demáis familia….

O día 6 de xuño, faremos o Día Autonómico do MiniBasket, en SAR, como todolos anos: c@s Minis e Preminis.

O día 7 de xuño, será a entrega de medallas do Memorial Lorenzo de la Torre. Alí estaremos c@s Minis……

Como vedes, queda moita tempada por diante. Seguiremos adestrando e divertíndonos, educándonos en valores e por suposto: ESTUDIANDO!!!!!. Vémonos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s