Adestramentos da ADB Fontiñas (provisionais), a outros temas de interese da Agrupación.

A ADB Fontiñas, está adestrando no pavillón de Fontiñas:

Os martes de 22 a 23 horas: Senior 2ª Feminina.

Os mércores: de 16 a 17:30: Infantil Masculino. De 17:30 a 19: Cadete Masculino. De 19 a 20:15 h. o Junior Masculino de 2º ano e 1º ano. De 21:30 a 22 h: 4ª Senior Masculino e 3ª Senior Masculino. De 22 a 23 a 2ª Senior Feminina.

Os venres, de 16 a 23 horas, de momento igual que o mércores, ata ter os horarios definitivos. Logo separaremos os Junior e o de 4ª e 3ª Senior Masculino.

Martes, mércores e venres, de 16 a 17:30, @s Mini e Primini, no pavillón de primaria de Fontiñas.

O día 24 de setembro, teremos a xuntanza de calendarios de 4ª e 3ª Senior Masculino. Avisaremos si se unifican as categorías e o calendario.

O día 9 de outubro, venres, as 20 h. en primeira convocatoria e as 20:15 en segunda, no pavillón de Fontiñas, teremos a Asemblea Xeral Extraordinaria da ADB Fontiñas. Un único punto na orde do día: suba de cotas. Debido o aumento do número de equipos e de alumn@s, vémonos obrigad@s a solicitar a Asemblea unha suba de cotas que se expondrá en dita Asemblea e se someterá a votación d@s soci@s da ADB Fontiñas.

Recordamos a todol@s alumn@s da Agrupación, a obrigatoriedade de cubrir a ficha de xogador/a, en todolos seus térmos, para poder formar parte do equipo correspondente que compita na Delegación de Baloncesto de Santiago. Tamén, a obrigatoriedade de ter o pago das cotas o día (desta e da tempada anterior).

Grazas a tod@s pola vosa colaboración e vémonos na Asemblea do día 9 de outubro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s