Somos quén somos gracias ó esforzo e ó compromiso de moit@s: xogadores/as, adestradores/as, nais e pais, árbitros e moitos outros colaboradores desinteresados. Por suposto, e de xustiza decir, que gracias tamén a aquelas empresas e organizacións que colaboran con nós.
Hoxe queremos presentarvos a unha nova empresa colaboradora co club: Balidea
Balidea é unha empresa galega do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que ofrece servicios de consultoría, desenvolvemento e integración de software e externalización tecnolóxica. A súa sede principal está en Santiago de Compostela, pero o seu crecemento e internacionalización levoulles a abrir oficinas en A Coruña, Vigo, Lugo, León, Bilbao e Copenhage.
No sector TIC, caracterízanse pola súa xuventude e dinamismo, con equipos altamente cualificados e multidisciplinares. Estas son características e valores que compartimos dende o club, donde a humildade, o esforzo individual e o traballo en equipo han de ser o punto de partida para o éxito colectivo.
Balidea pasará a darlle nome ó noso equipo Senior Feminino nos próximos dous anos. Esperamos que conxuntamente, poidamos seguir traballando e compartindo éxitos no futuro.
Queredes saber máis de Balidea? Visitade a súa web: http://balidea.com/
I pay a quick visit day-to-day a few web sites and information sites
to read articles or reviews, however this weblog gives quality based posts.