Resultados da Xornada do 25 e 26 de Novembro 2017

WhatsApp Image 2017-11-26 at 20.46.56

Senior Feminino 2ª: Balidea Fontiñas 52 – Compañia de Maria Curves 48

Maria(7),Ana,Lorena,Cristina(6),Rocio(10),Andrea(10),Aldara(11),Sara(3),Natalia,Iria(5).
Victoria sufrida no derbi santiagués, quinta consecutiva do equipo de Fontiñas. O partido tivo un claro dominador ao comezo, pois as visitantes aproveitaron a salida fría das xogadoras locais e mantiveron a iniciativa no marcador ate o descanso con ventaxas de entre 6 e 8 puntos.
Tra-lo descanso, o Fontiñas apretou en defensa e, a pesar de non ter un bo día de cara á canastra, mantivéronse no partido nos dous últimos minutos nos que un triple e dous contrataques confirmaron a remontada. Con eles, chega a sexta victoria do equipo, quinta consecutiva, o que permite ó Balidea Fontiñas seguir no alto da clasificación.

Senior Feminino 2ª: Balidea Fontiñas 49 – C.B. De Lea 50

Maria(9),Ana(5),Cristina(10),Rocio(8),Aida,Andrea(7),Aldara(4),Natalia(6).
En menos de 12 horas as rapazas xogaron un novo partido, adiantando a xornada da ponte da semana de primeiros de Decembro.
Neste caso, victoria para as visitantes nun final igualado, no que o seu maior acerto nos tiros libres permitíulles levarse o triunfo.
O comenzo do partido foi moi frío por parte das xogadoras locais que non conseguían cambia-lo ritmo que plantexaron as rapazas de Lea que, cunha defensa en zona todo o partido, protexían a súa canastra cerrando o xogo interior das santiaguesas.
Na segunda parte, as xogadoras locais cambiaron o ritmo do partido dende a defensa e incluso chegaron a poñerse por riba no marcador, pero no carrusel de tiros libres no que se converteu o final do partido, as visitantes foron máis seguras e leváronse a victoria.
Rompeuse a racha, pero o equipo segue a se manter líder do seu grupo da 2ª.

Senior Masculino B: Tiendas Pillados CB Porto do Son 67 – Pepe Payá Fontiñas 63

Sorribas, I (-) Fernandez, E (2) Sorribas, X (8) Gomez, M (-) Andrade, M (2) Prieto, A (13) Lucas, M (14) Pereiras, M (7) Oribe, J (9) Ulla, I (2) Barcala, M (4) Perez,C (2)
Xogouse un partido moi disputado que finalmente se perdeu por imprecisións nos pequenos detalles do equipo visitante, e tamén pola evidente superioridade física do rival, que se impuxo na loita home a home.

Senior Masculino A: Bonaval 52 – Librería Follas Novas Fontiñas 67

Sáinz(8), Goitia(12), Pérez(2), Redondo(2), Suárez(6), Reigosa(6), Cambeiro (5), Varela(8), Weiss(6), Barreiro(2), Pérez(3), Pasantes(7).
Comezaba o encontro con bo ritmo en ataque e boas defensas, o que permitía correr ó equipo visitante e tomar vantaxes de 10 puntos (11-21 min.9). Esa vantaxe viuse reducida por unha tripla no último segundo do cuarto.
No segundo cuarto a dinámica non cambiou pero as triplas e os tiros libres mantiveron ó  rival no partido (31-34 min.20).
A segunda parte empezou do mesmo xeito, pero a falta de acerto rival debido á gran defensa realizada durante todo o encontro propiciou que a vantaxe fuera medrando ate deixa-la en 15 puntos á metade do último cuarto.

Tamén xogaron, loitaron e desfrutaron, os equipos Infantil, pre-mini(s) e mini(s):

  • Infantil Masculino 2ª: Gato Negro Fontiñas 3 – Compañía de María 54
  • Mini Masculino: Alcampo Fontiñas – Star Motor
  • Mini Feminino: Peleteiro C – Area Central Fontiñas
  • Premini Masculino: Enseñanza 13 – Librería Follas Novas Fontiñas 64
  • Premini Feminino: Project Box Fontiñas 4 – PIO XII Rosalía 54

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s