Quen nos axuda? Eternas librerías Follas Novas e Fonseca

FollasNovasFonsecaSe hai algunha empresa cun vínculo especial co clube, esta é, sen dúbida, a asociación das dúas librerías Follas Novas e Fonseca. A proba de esto son os máis de 10 anos de apoio cultural e económico. A súa colaboración constante en momentos bos e malos é a demostración práctica da tenacidade e perseverancia que a caracteriza. Dende o clube, agradecemos profundamente a súa axuda, e desexámoslle que continúe sendo considerada  como un dos referentes culturais da cidade.

 

Fundada en 1971 por D. Rafael Silva Costoyas a Librería Follas Novas pronto pasou a ser un referente da vida cultural da nosa cidade. De feito o mismo D. Domingo Garcia-Sabell nomeariaa no seu momento como a segunda catedral de Santiago, a cultural.
Hoxe en día Follas Novas ofrece o público máis de un millón de libros, repartidos nas suas tres plantas do local de Montero Ríos, 37 e na nova librería infantil-xuvenil, sita na mesma rúa no nº50.
Este ano 2017, librería Follas Novas recolle o testigo da sua irmá pequena, Librería Fonseca, no patrocinio do equipo Masculino de 3ª división A, e apostando pola canteira, tamén será o patrocinador nos próximos anos do equipo premini masculino.

O ADB Fontiñas e Follas Novas desexamos que xogadores, adestradores, pais, directiva e colaboradores do clube fagamos un esfrozo para que cultura, deporte e educación vaian da mesma man.

Queres saber máis? Achégate á súa Web: https://www.libreriafonsecadecompostela.es/es/

 

Advertisements

2 thoughts on “Quen nos axuda? Eternas librerías Follas Novas e Fonseca

  1. Parabéns sinceiros pola implicación de Librería Fonseca e Follas Novas, co noso clube. Nada máis fermoso que a unión de libros e deporte. Grazas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s