Senior Feminino 2ª: Vázquez y Reino Basket Xiria 56 – Balidea Fontiñas 57
Maria(8)Ana,Lore,Cristina(11),Rocio(4),Aida(4),Andrea(12),Aldara(14),Natalia(2) e Iria(2).
Chegou a séptima victoria para as rapazas do Fontiñas ante un dos equipos da categoría que aínda estaban invictos.
O partido foi un toma e daca constante con lixeiras vantaxes para ambos equipos que loitaron durante todo o partido pola victoria, pero as xogadoras do Fontiñas impuxéronse nun partido moi físico, loitando cada balón e rebote sen descanso, o que facilitou a victoria das nosas xogadoras.
Senior Masculino A 2ª: Librería Follas Novas Fontiñas 82 – TECVEN Padrón 52
Partido dominado polo nivel defensivo do noso equipo que dende o primeiro minuto soubo inmpoñerse e no descanso xa mandaba por 15 puntos.
A segunda parte segui a mesma tónica e a defensa zonal proposta polo equipo rival non frenou o noso ritmo de anotación.
Senior Masculino B 2ª: Pepe Payá Fontiñas 55 – XL Milladoiro 79
Partido con moitos cambios de intensidade no xogo, onde as desconexións e a falta de acerto permitíannos distanciarnos no marcados. Toca seguires a traballar para conseguir manter o ritmo constante nos 40 minutos de xogo.
Tamén xogaron e desfrutaron os pequenos:
- Infantil Masculino: sen partido
- Mini Masculino: Pío XII FEDESA 10 – Alcampo Fontiñas 60
- Mini Feminino: Area Central Fontiñas 21 – Rosalía Pío XII 29
- Premini Feminino: Rosalía Pío XII 6 – Project Box Fontiñas 57
- Premini Masculino: sen partido