Resultados da Xornada do 3 e 4 de Febreiro 2018

WhatsApp Image 2018-02-05 at 13.34.44 (2)

Senior Feminino 2ª: ADFRO 40 – Balidea Fontiñas 71
Maria(9), Ana(8), Lorena, Cristina(8), Rocio(4), Aida(6), Andrea(18), Aldara(12), Sara(2), Natalia(4).

Este domingo o equipo senior feminino visitou A Coruña ás 12:00 da mañá tras moitos problemas nas semanas previas, sen casi poder adestrar ó 100% con todo o equipo.
Sen embargo, nesta semana con todo o equipo e cunha serie acumulada de bos adestramentos, as rapazas do Balidea Fontiñas conseguiron a primeira victoria do 2018, a novena da temporada.
Nun partido dominado de principio a fin polas xogadoras santiaguesas, impoñendo un bo ritmo de xogo e sen sufrir en ningún momento, as rapazas recuperaron as boas sensacións ante un dos equipos da zona baixa da clasificación.
Victoria balsámica que nos permite manternos nos primeiros postos e conseguir a primeira victoria no 2018.

Senior Masculino A 2ª: Librería Follas Novas Fontiñas  73 – Basket Ribadulla 45
Capeáns (2), Goitia (9), Sáinz(2), Pérez(3), Redondo(4), Suárez(6), Reigosa(7), Dios (9), Cambeiro (2), Varela(13), Pérez(11), Pasantes(5)

Gran partido do equipo de Fontiñas nesta xornada. Os rapaces saíron inparables a pola victoria despois da contundente derrota da semana pasada.
No primeiro cuarto, o equipo deixaba encarrilado o partido gracias ás recuperacións e posteriores contraataques, que nos deixaban con un 26-7 final. Chegou o segundo cuarto e apareceu a zona rival para parar a sangría de puntos.
Tras o paso polos vestiarios, os nosos volveron con máis confianza para anotar triples e canastas fáciles á contra, mantendo o nivel defensivo durante todo  encontro. Este bo resultado permítenos medrar de cara ó que nos resta nesta temporada.

Senior Masculino B 2ª: Pepe Payá Fontiñas 45 – Bonaval 68
Sorribas, X (3), Fernandez, E (-) Gomez, M (-) Andrade, M (3) Prieto, A (9) Lucas, M (2) Pereiras, M (-) Oribe, J (16) Ulla, I (9) Barcala, M (2), Montero (-)

Difícil partido para os nosos, que tiveron momentos de xogo moi bos durante gran parte do primeiro cuarto , e que só un par de erros daban una mínima ventaja al rival ó final do mesmo.
Todo o gran traballo do primeiro cuarto mudou no segundo, e o pouco acerto sumada co baixón de concentración e intensidade defensiva, fixo que o rival conseguira moitos puntos fáciles á contra.
Na segunda parte, as presas leváronnos a precipitacións ofensivas e a saír mentalmente do partido, tras este momento, non fomos quen de volvernos a enganchar o encontro.

 

Tamén xogaron e desfrutaron os pequenos:

  • Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 39 – Paco’s moda CBPS 55
  • Mini Masculino: Star Motor – Alcampo Fontiñas 
  • Mini Feminino: Area Central Fontiñas 17– Peleteiro C 32
  • Premini Feminino: Peleteiro Verde 38 – Project Box Fontiñas 34
  • Premini Masculino: Librería Follas Novas Fontiñas 48 – Compañía de María 30
  • Babybasquet: sen xornada neste fin de semana

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s