Resultados da Xornada do 10 de Marzo

IMG-20180310-WA0009 (1)

Senior Feminino 2ª: ADFRO 40 – Balidea Fontiñas 71
Andrea(7),Ana(12),Rocio(15),Lore,Cristina(14),Aida(15).

Bo partido a pesares das baixas no equipo de Fontiñas que afrontaba o derbi de Santiago con moito cansancio nas pernas polos partidos duros de xornadas precedentes.
O equipo local xogou con un bo ritmo de ataque e con gran acerto dende fóra da zona. O equipo chegou ó final de partido con moitas faltas, pero gracias a poder pechar ben o rebote defensivo e ofensivo chegouse con marxe para afronta-lo con garantías.
Gran partido das rapazas do Fontiñas, que consiguen unha nova victoria que lles permite manterse nos postos altos da clasificación de 2ª.

Senior Masculino B 2ª: Pepe Payá Fontiñas  70 – Tiendas Pillados Porto do Son 57

Gran partido o disputado por parte dos dous conxuntos na tarde do sábado. O equipo visitante chegaba con moitas baixas nas súas filas e os reforzos dos que dispoñía proviñan do equipo Junior, que esta a facer unha moi boa tempada.
O comezo do partido deixaba bos momentos dos locais pero pouco acerto de cara ó aro, isto, sumado ó gran acerto do equipo visitante e á falla de defensa local, facía que a ventaxa visitante superase os 10 puntos ó rematar o primeiro cuarto. A partir de ese momento, o equipo recuperouse atrás e soubo mostrar a súa verdadeira identidade defensiva. As boas defensas ían chegando unha tras outra e a presión daba os seus froitos, con recuperacións de balón e puntos fáciles á contra. O equipo fixo 30 minutos de gran nivel defensivo, o que provocaba moita confianza en ataque para poder sumar unha nova victoria ante un rival moi difícil e que ate os minutos fináis tivo opcións de levarse o encontro.

Tamén xogaron e desfrutaron os pequenos:

  • Infantil Masculino: Compañía de María – Fontiñas Gato Negro aprazado polo temporal
  • Mini Masculino: Peleteiro B 42 – Alcampo Fontiñas 36
  • Mini Feminino: sen xornada neste fin de semana
  • Premini Feminino: Project Box Fontiñas 34 – Rosalía Pío XII 43
  • Premini Masculino: sen xornada neste fin de semana
  • Babybasquet: sen xornada neste fin de semana
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s