Hoxe queremos presentarvos a unha nova empresa colaboradora do clube: ProjectBoxTraining.
Project Box é un estudio de arquitectura especializado no mundo do Crossfit, no Fitness, o Retail deportivo e no mundo del deporte en xeral.
Tanto se se trata dunha pequena reforma coma se é un proxecto global de deseño, obra e construcción, en Project Box Training encárganse de todos os pasos para evitar aos clientes ter que procurar diferentes proveedores e evitarlles todas as complicacións innecesarias. As solucións de Project Box Training son chave en man e coa garantía de cumplir tanto co presuposto, sen sorpresas, como co timing que se estipule no planing de obra. Dende la realización de informes para averiguar qué accións hai que tomar para que o local cumpla coas normativas e poida obter a licenza de actividade (sistema anti-incendios, insonorización, ventilación de aire, evacuación), pasando por suposto por unha decoración e iluminacións únicas, sen deixar ao chou o máis mínimo detalle para que os seus clientes logren ter o local dos seus soños.
Project Box é o resultado da unión da experiencia de máis de 20 anos dedicados ó sector do retail e á paixón polo deporte en xeral e aos os deportes funcionais coma o Crossfit en particular. Saben como montar un ximnasio e como ten que ser un Box de Crossfit por que adestran de maneira regular. Proban os Box que crean y crean Box nos que lles gustaría adestrar. Ese é a maneira de conseguir un resultado á altura das expectativas dos nosos clientes.
Co acordo de colaboración de Project Box Training co ADB Fontiñas, a empresa entra a formar parte da familia do clube e pasa a darlle nome ó equipo Premini Feminino (dende esta tempada Project Box Fontiñas) polas próximas dúas tempadas.
Averigua máis sobre Project Box Training e descubre os seus proxectos na súa páxina web: http://www.projectboxtraining.com
Grazas a Project Box Training, colaborador ca ADB fontiñas, podemos seguir con este proxecto ilusionante de consolidación dun club que queremos sexa dinámico e con proxección de futuro.
Grazas tamén polo apoio o baloncesto de base e de barrio!