Resultados partidos aplazados do 21 e 22 de Marzo

Senior Masculino A: A MAIA 58 – LIBRERIA FOLLAS NOVAS FONTIÑAS 74

Brillante partido de todo o equipo que nos permite seguir con el soño do ascenso nas vísperas do último partido de liga regular.

O encontro comezou ben para os nosos, con ritmo, bos movementos e alqún que outro contraataque. Sabíamos que ía a ser un partido longo e duro e que o rival non lle iba a perder a cara o partido en ningún momento.
No segundo cuarto os seus axustes unidos ás nosas precipitacións fixeron que o marcador fose de empate ó descanso.  Pero na segunda parte voltou ese gran equipo que tantas victorias conseguiu este ano a aupados por unha marabillosa actitude fixeron que os contraataques se sucedesen un tras outro outro e o equipo rival vía cómo chegábamos a mandar por até 20 puntos no marcador.

Ao final, victoria para o equipo de Fontiñas, a 11ª da tempada, o que marca un novo récord de victorias do equipo nesta liga. Agora toca rematar a liga regular cunha victoria no último partido, que nos daría un billete casi seguro para xogar la fase de ascenso.

2018-03-23_134323

Senior Femenino:  BALIDEA FONTIÑAS 70 – CB LARACHA NOVA FACIAL 66

Partido complicado ante un rival que puxo o partido difícil dende os primeiros instantes de xogo.

As rapazas do equipo de Fontiñas arrancaron o encontro desubicadas e este mal inicio lastrou todo o arranque. O equipo visitante estivo máis inspirada no tiro, sobre todo na primeira parte, o que complicaba que o equipo de Fontiñas se fose no marcador.
O Fontiñas iniciou ben o terceiro cuarto, no que se puxo por diante con algo de vantaxe, pero a puxanza das visitantes impedía que se establecesen distancias longas no marcador.´

Un gran final de partido conseguiu que as rapazas conseguisen a decimoterceira victoria da tempada por só catro puntos, e que voltasen ós postos altos da clasificación de cara o inicio do final da liga regular.

2018-03-23_134253

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s