Resultados partidos do 7 e 8 de Marzo

IMG-20180408-WA0017.jpg

Balidea Fontiñas 44 – Vázquez y Reino Basket Xiria 63

Derrota contundente do Balidea Fontiñas na casa este fin de semana. O rival, que se antoxaba duro a priori, non decepcionou e impediu obter a decimocuarta victoria desta tempada.

O partido empezou con ritmo e boas canastas, e no primeiro cuarto o marcador mantíñase relativamente igualado, co equipo concentrado no inicio.

Sen embargo, a medida que o partido ía avanzando, o equipo local empezou a se desconcentrar e baixouse no acerto ofensivo de cara á canasta visitante. A puntilla final do partido foi o cansancio físico que afectou ás xogadoras do equipo do Fontiñas, que acusaron o parón da Semana Santa e non foron quen de aguantar o ritmo das xogadoras visitantes no tramo final do encontro.

Librería Follas Novas Fontiñas 60 – El Papatorio, Tapas y Brasas 42

Fin de semana perfecto para os nosos con victoria no derradeiro partido de liga e clasificación para a fase de ascenso. Ademáis de obter tamén a mellor posición da categoría na fase regular e o mellor balance histórico para o Clube na categoría con 12 victorias e 6 derrotas.

O partido era decisivo para os nosos pois só a victoria nos daba opcións para obter a terceira plaza. Ese era o soño. Unha meta que o ano pasado era impensable despois de rematar penúltimos na liga e xogar por non descender.

Y o partido comezou ben, moi ben para ser xustos, con un 8-0 de salida e o único que podía ver na cancha era un equipo local con intensidade e con boas accións, que o equipo rival non era quen de contrarestar. Aínda así, a reacción visitante chegou rápido e dous triples consecutivos volvieron a igualar o encuentro.

A partires de ahí empezaron a aparecer os nervios no equipo local, por todo o que nos xogábamos no encontro, producíanse moitas precipitacións e pouco acerto exterior en ambas canastas. As rentas locais eran próximas aos dez puntos e ao chegares ao último cuarto, un equipo visitante con pouco banquillo e a súa gran cantidade de faltas, permitiunos ter un final cómodo e ampliar un pouco o resultado final.

Moitos parabéns ó equipo por non rendirse nunca neste último mes e pelexar en cada partido por esa ansiada terceira praza, agora só queda disfrutar da fase de ascenso.

Parabéns tamén aos outros dous equipos clasificados para a fase de ascenso, “A Mahia” como campeón de liga e “Riquela GMU” como segundo clasificado.

Pepe Payá Fontiñas 72 – 58 Compañía de María

 

Moi bo partido do equipo do Pepe Payá Fontiñas que traballou moi ben dende o inicio a presión defensiva e a base de roubos de balón romperon o partido dende o inicio.

O equipo local, a pesar de plantexarse un partido con poucos efectivos (Fontiñas dispoñía de oito xogadores contra os 12 do equipo visitante), conseguía unha vantaxe de dez puntos na segunda metade, que sería suficiente para manterse cómodamente por riba no marcador.

Moita esixencia física para un duro partido no que se traballou especialmente no plano defensivo e que posiciona ao equipo nunha boa décima plaza no último partido da fase regular, afastándose dos últimos postos da táboa de clasificación.

Moitos parabéns ao equipo por esta magnífica e dura tempada na que se traballou moi duro e se cumpliron obxectivos.

Tamén xogaron e desfrutaron os pequenos:

  • Infantil Masculino: Mueble Infantil Centrosport 68 – Fontiñas Gato Negro 39
  • Minibasket Feminino: Sen partidos nesta xornada.
  • Minibasket Masculino: Sen partidos nesta xornada.
  • Preminibasket Feminino: Cluny 008 42 – Project Box Fontiñas 38
  • Preminibasket Masculino: Librería Follas Novas Fontiñas 49 – Enseñanza 8
  • Babybasket: Sen partidos nesta xornada.
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s