Informe do presidente na Asemblea Ordinaria do ADB Fontiñas

p36qj1wd_400x400

Chegamos un ano máis ao fin da tempada 2017-2018, e temos a obriga de facer balance do que foi este ano, con 9 equipos en tódalas categorías (menos cadete e junior) e máis de 100 alumnos e alumnas na nosa agrupación.

Foi un ano no que tivemos luces e sombras. Un clube de barrio como o noso, que medre cada ano, é xa unha honra para os que estamos a fronte dél, e o apoio diario de tódolos pais/nais, avós/avóas, etc… que facedes que este clube siga adiante.

Os retos de cada tempada foron: non ter débedas, non ter moitos problemas organizativos, non ter problemas disciplinarios e manternos económicamente saneados. Agora que rematou a tempada, podemos decir que conseguimos casi tódolos obxectivos, con problemas, como en tódolos colectivos, pero en líneas xerais a tempada foi un éxito.

O marxen das clasificacións de cada equipo e do saneamento económico, insistimos en dar as grazas os colaboradores coa Agrupación: Pepé Payá, Balidea, Follas Novas, Alcampo, Área Central, O Gato Negro, Project Box, sen os cales o proxecto non sairía adiante. Tamén dar as grazas aos socios e socias da ADB Fontiñas polo seu apoio constante.

Este ano, organizamos o Torneo Área Central de Baloncesto, invitando a xogar connosco ao Club Baloncesto Ponferrada. Cinco equipos de cada clube, déronse cita en Área Central, con comida incluída de confraternidade. Foi un éxito que agardamos repetir o ano que ven.

Tivemos participación no Día do Deporte Solidario de Área Central, a favor da Asociación de Enfermos de Esclorese Múltiple de Santiago,  o día 9 de xuño. Participaron os 5 equipos de mini, premini e baby basket. Facer unha mención a esta categoría con rapaces e rapazas de 5 anos en adiante, que son o futuro da Agrupación e unha delicia velos disfrutar polas canchas de Compostela e comarca. Grazas os pais/nais, que fan unha festa na grada cada vez que compiten.

Como sabedes, o obxectivo da ADB Fontiñas é facer, a través do baloncesto, o que estamos vendo cos nosos fillos: con casi 30 anos, siguen unidos, con compañerismo compromiso e formando parte da Agrupación. A educación en valores é un dos principios fundamentais da ADB Fontiñas e queremos que siga sendo así.

Non teño máis que dar as grazas ao Concello de Santiago de Compostela pola cesión do pavillón de Fontiñas, agradecer o Colexio de Primaria e a ANPA Fontela de Fontiñas (Primaria), aos colaboradores, familiares dos alumnos e por suposto os propios alumnos, por participar desta idea de que o baloncesto é posible nun barrio como o de Fontiñas. Por suposto agradecer a Xunta Directiva o traballo realizado, pois sen eles esto non pode saír.

Finalmente, temos a honra de nomear a distinción do Presidente de Honra deste ano a Pepé Payá pola súa colaboración connosco nestes anos.

Moitas grazas a todos de novo e ata o ano que ven.

Jose María Dios Diz. Presidente do ADB Fontiñas.

Advertisements

One thought on “Informe do presidente na Asemblea Ordinaria do ADB Fontiñas

  1. Feliz verán a tod@s. Si tedes algunha dúbida sobre o futuro do voso equipo na ADB Fontiñas, poñédevos en contacto c@ vos@ adestrador/a e ella vos informará. Boas vacacións cheas de alegría e deporte.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s