Resultados da Xornada do 3 e 4 de Novembro

p36qj1wd_400x400

Senior Feminino: Estudiantes de Lugo 77 – 23 Balidea Fontiñas

Derrota contundente das rapazas do Senior Feminino. O resultado final non reflexa a boa primeira parte do equipo de Fontiñas que chegou ao descanso cun 33 – 19 no marcador despois duns moi bos últimos 3 minutos do segundo cuarto. Neste primeiro cuarto, o equipo saiu moi concentrado, facendo uns bos primeiros minutos tanto en ataque coma en defensa. A partir de ese momento, Estudiantes subiu o nivel físico do partido e as nosas rapazas non conseguiron aguantar ao mesmo nivel, saíndo desconcentradas no terceiro cuarto.

No último dos cuartos do partido, o equipo non tivo moitas opcións debido principalmente á superioridade física das rivais, que nos superaron en termos de ritmo e intensidade.

 

Senior Masculino A: Concept Spain-desgüaces Santorum 49 – 54 Librería Follas Novas Fontiñas

Victoria por 5 puntos dos rapaces do Senior Masculino A.  O partido comezou moi trabado con 11-0 de parcial. O equipo reaccionou rápido e tras tempo morto, foron axustando un pouco máis a defensa e calmando o ataque, xogando posesións un pouco máis longas e buscando mellores tiros. Con esto chegouse ao término do segundo cuarto, con nove puntos abaixo despois dun triple do equipo local casi no último segundo do mesmo.

Tras o descanso, o equipo saíu con outra mentalidade defensiva. Non se permitiron canastas fáciles, o equipo estivo moi ben cerrando uns contra uns e moi ben no rebote. O Fontiñas fixo neste momento un parcial de aproximadamente 10 puntos co que se foron 1 punto arriba ao final do terceiro cuarto. Último cuarto muy ajustado no que ao final decidieron los tiros libres el conjunto visitante.

No tocante ás aportacións individuais, moi bo partido de Andrés, Dani e Redondo, que xogaron moi ben, así como Bruno xunto con Fran,  moi enérxico coma é habitual nel.

 

Senior Masculino B :  ADB Fontiñas 93 – 48 Tecven Padrón

Partido moi completo en defensa contra o equipo de Padrón, recién descendido da categoría precedente. O partido rompeuse no primeiro cuarto, no que o equipo local terminou 13 puntos arriba.

Ese bo traballo dende a defensa deixou sen opcións ao equipo rival. Gañáronse todos os períodos de 13 puntos para obter un resultado final de 45 puntos a favor do equipo de Fontiñas.

O locais tiveron un gran acerto exterior, marcáronse dez triples coma consecuencia de ter que atacar moitos minutos contra unha zona rival moi pechada, e que os rapaces do Fontiñas souberon romper moi ben. Destacar a actitude xeral do equipo, que plantexou un partido moi serio e ate o final, a pesares do abultado resultado . Victoria muy merecida e a seguir nesta liña para aspirar ao ascenso.

 

Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:

  • Cadete Masculino: Fontiñas Pepe Payá 17 – 122 San Pelayo Fedesa
  • Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 44 – 50 Rosalía de Castro Fedesa
Advertisements

One thought on “Resultados da Xornada do 3 e 4 de Novembro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s