Balidea Fontiñas 40 – 70 Compañía de María Jisma Café Bar
Partido complicado a priori contra un dos equipos líderes na clasificación da categoría até o momento. Disputouse a un ritmo moi alto, pero que as xogadoras locais foron quen de aguantar durante todo o encontro. Como nota moi positiva, a destacar a melloría física das xogadoras do Fontiñas.
En ataque notouse o avance técnico e táctico, e o equipo empeza a xogar con personalidade e a saber que quere facer dentro da pista. Esto tamén é boa noticia pois o traballo nos adestramentos comeza a dar os seus froitos.
O equipo local debe seguir aumentando a tensión no xogo e o ritmo, pero en líneas xerais, bo partido contra un rival que vai a estar arriba na clasificación.
Librería Follas Novas Fontiñas 54 – 69 C.B. A Mahía
O partido desta fin de semana do Senior A caracterizouse por unha boa defensa do equipo rival que os rapaces do Fontiñas, a pesares do esforzo, non foron quen de atacalos adecuadamente en ningún momento.
O equipo visitante rompeu o partido entre o final do primero cuarto e principios do segundo, pero os rivais sempre se mantiveron por diante no marcador, con 9-15 puntos de vantaxe en case todo momento.
O Fontiñas atacou unha boa defensa e non foi quen de atopar solucións para para poder anotar con facilidade. Froito disto é o tanteo baixo do marcador, sobre todo tendo en conta que o Senior A é un equipo que até o de agora, caracterizouse por ser moi anotador nesta categoría. O partido chegou ao descanso con só 23 puntos.
Por momentos, o equipo local fixo unha boa defensa, e tirando de garra conseguiu poñerse a 9 puntos a falta de 6 minutos para o remate do encontro, pero eles volveron a poñerse serios en ataque para conseguir un novo parcial a favor, pero o Fontiñas non foi quen de volver a engancharse ao partido de novo.
Vista Alegre Bar Coruña 58 – 51 ADB Fontiñas
Derrota do ADB Fontiñas por só 6 puntos contra o Vista Alegre Bar Coruña nun partido bonito e moi igualado que estivo marcado principalmente, para o equipo visitante, polo pouco acerto cara o aro.
Malos porcentaxes no tiro de tres, lastraron moito as opcións do equipo de Fontiñas, así como semana pasada os rapaces do Fontiñas marcaron 10 triplas, nesta fin de semana, só se marcou unha.
Estos baixos porcentaxes notáronse nun partido intenso e moi igualado. O equipo visitante perdeu a dous xogadores por faltas persoais e por unha lesión pero a pesares desto, competiuse até o final. O resultado final non reflexa a igualdade no encontro pois o Fontiñas arriesgou ao final á desesperada con algunha tripla e posterior falta, sen éxito.
Partido moi bonito e ben xogado no que se competiu en todo momento e que ao final caeu do lado local.
Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:
- Cadete Masculino: La Salle – Fontiñas Pepe Payá
- Infantil Masculino: NUCAMSA BasketDeza 46 – 69 Fontiñas Gato Negro
- Mini Masculino: C.D. Bosco – ADB Fontiñas
- Mini Feminino: Tradigas-Procesados Portosín CBPS 31 – 40 ADB Fontiñas
- Premini Mixto: ADB Fontiñas 34 – 68 Restaurante Portofino Mixto