ZABBA Zapatería Otero Caritón 57 – 52 Balidea Fontiñas
Bo comezo de encontro para o Fontiñas que exercía de visitante no derbi de Santiago. No inicio, boa defensa e fluidez en ataque. A partir deste inicio, alternáronse momentos bos e outros non tan bos en ataque e en defensa.
Partido tenso no que as rapazas se atoparon moi concentradas en todo momento e no que se mantiveron con opcións para gañar até o final do encontro. Nos lances fináis do mesmo, o gran acerto final no tiro exterior das xogadoras locais fixo que a victoria se quedase anotada no seu casilleiro.
Boas vibracións neste encontro, e a seguires a traballar.
Riquela GMU 65 – 44 Librería Follas Novas Fontiñas
Derrota por 21 puntos do equipo Senior A a pesares do bo primeiro tempo, que rematou cun punto arriba no marcador.
A segunda parte comezou cun cambio defensivo do equipo local, que pasou a usar unha defensa en zona que os visitantes non conseguiron ler adecuadamente e non foron quen de anotar con facilidade. O Fontiñas tamén cambiou a súa defensa e pasou a defender en zona no último cuarto, pero a estas alturas do encontro, estábase a perder de 11 puntos e o equipo local , que fixo unha mellor lectura da situación, escapouse no marcador.
Non foi unha boa segunda metade do encontro e eso condicionou moito o resultado final contra un bo equipo da liga. A seguir a traballar para mellorar no próximo encontro.
Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:
- Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 52 – 44 La Salle PROYDE Mixto
- Mini Feminino: ADB Fontiñas 25 – 30 EDM Ames
- Premini Mixto: La Salle PROYDE Mixto- ADB Fontiñas
ola!
non é importante pero este resultado está mal:
– Mini Feminino: ADB Fontiñas 25 – 50 EDM Ames
Foi 25-30, que foi moi emocionante. Comentoo a efectos estatísticos.
Apertas
El lun., 19 nov. 2018 18:23, ADB Fontiñas escribió:
> dserranoamarelle posted: ” ZABBA Zapatería Otero Caritón 57 – 52 Balidea > Fontiñas Bo comezo de encontro para o Fontiñas que exercía de visitante no > derbi de Santiago. No inicio, boa defensa e fluidez en ataque. A partir > deste inicio, alternáronse momentos bos e outros non tan bo” >
Correxido!
Moitas gracias pola aclaración.