Resultados da xornada do 28 e 29 de Novembro

                                             

SALESIANOS – ADB FONTIÑAS  (J2)

Segundo partido de liga e Fontiñas visita ao equipo de Salesianos de Vigo no encontro correspondente ao partido de volta da liga. Despois dun estraño quecemento, debido á espera para poder entrar no pavillón cumprindo as medidas do protocolo Covid, os xogadores composteláns entraron no partido moi fríos e con pouca tensión no seu xogo, permitindo canastras moi fáciles dos seus rivais e estando pouco acertados cara o aro en ataque, isto provocou que os vigueses escapasen no marcador 27-12.

Despois da arenga do adestrador no minuto de descanso entre cuartos, os santiagueses saíron cunha actitude diferente e con ganas de demostrar que non só foran de excursión a Vigo. Grazas a unha moi boa defensa e xogando a un ritmo máis alto, deron a volta ao marcador, indo ao descanso 34-36.

No terceiro cuarto de novo a defensa en zona plantexada por Salesianos creou dúbidas no xogo de Fontiñas, pero grazas de novo a ser sólidos en defensa e xogar con paciencia conseguiron manter a vantaxe acadada no segundo cuarto.

No último cuarto e con todo por decidir, os santiagueses saíron prantándolle cara ao partido, pero pouco a pouco con fallos en ataque comezaron o nerviosismo e a precipitación, o que provocou que os salesianos, coa cabeza mais fría e máis acerto, conseguisen levarse o partido e o Basketaverage.

Ao ser un grupo formado por 3 equipos, Fontiñas descansará agora as dúas próximas xornadas, polo que non volverá xogar ata o 16 de xaneiro contra o Rías Baixas de Vigo como visitante.

Parciais: 25-12, 9-24 (34-36), 18-21, 27-12 (79-69)

Faltas: 21 Salesianos e 21 Fontiñas. Eliminado Alonso A. de Salesianos

Anotadores:

ADB FONTIÑAS: Fer Cabo (1), Cereijo (8) , Jorge (21), Fran (7), Adrián (9), Bruno (13), Mujico (8), Pozu (2). Adestrador: Antón Berges

SALESIANOS:  Correa R. (13), Ogando P. (13), Míguez S. (19), Pérez X. (12), Domínguez X. (2), Iglesias P. (16), Alonso A (2), Vidal A. (-), Martínez B. (2)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s