Resultados da Xornada do 17 e 18 de Novembro

p36qj1wd_400x400

ZABBA Zapatería Otero Caritón 57 – 52 Balidea Fontiñas

Bo comezo de encontro para o Fontiñas que exercía de visitante no derbi de Santiago.  No inicio, boa defensa e fluidez en ataque. A partir deste inicio, alternáronse momentos bos e outros non tan bos en ataque e en defensa.

Partido tenso no que as rapazas se atoparon moi concentradas en todo momento e no que se mantiveron con opcións para gañar até o final do encontro. Nos lances fináis do mesmo, o gran acerto final no tiro exterior das xogadoras locais fixo que a victoria se quedase anotada no seu casilleiro.

Boas vibracións neste encontro, e a seguires a traballar.

Riquela GMU 65 – 44 Librería Follas Novas Fontiñas

Derrota por 21 puntos do equipo Senior A a pesares do bo primeiro tempo, que rematou cun punto arriba no marcador.

A segunda parte comezou cun cambio defensivo do equipo local, que pasou a usar unha defensa en zona que os visitantes non conseguiron ler adecuadamente e non foron quen de anotar con facilidade. O Fontiñas tamén cambiou a súa defensa e pasou a defender en zona no último cuarto, pero a estas alturas do encontro, estábase a perder de 11 puntos e o equipo local , que fixo unha mellor lectura da situación, escapouse no marcador.

Non foi unha boa segunda metade do encontro e eso condicionou moito o resultado final contra un bo equipo da liga. A seguir a traballar para mellorar no próximo encontro.

 

Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:

  • Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 52 – 44 La Salle PROYDE Mixto
  • Mini Feminino: ADB Fontiñas 25 – 30 EDM Ames
  • Premini Mixto: La Salle PROYDE Mixto- ADB Fontiñas
Advertisements

Resultados da Xornada do 10 e 11 de Novembro

IMG-20181111-WA0009.jpg

Balidea Fontiñas 40 – 70 Compañía de María Jisma Café Bar

Partido complicado a priori contra un dos equipos líderes na clasificación da categoría até o momento. Disputouse a un ritmo moi alto, pero que as xogadoras locais foron quen de aguantar durante todo o encontro. Como nota moi positiva, a destacar a melloría física das xogadoras do Fontiñas.

En ataque notouse o avance técnico e táctico, e o equipo empeza a xogar con personalidade e a saber que quere facer dentro da pista. Esto tamén é boa noticia pois o traballo nos adestramentos comeza a dar os seus froitos.

O equipo local debe seguir aumentando a tensión no xogo e o ritmo, pero en líneas xerais, bo partido contra un rival que vai a estar arriba na clasificación.

Librería Follas Novas Fontiñas 54 – 69 C.B. A Mahía

O partido desta fin de semana do Senior A caracterizouse por unha boa defensa do equipo rival que os rapaces do Fontiñas, a pesares do esforzo, non foron quen de atacalos adecuadamente en ningún momento.

O equipo visitante rompeu o partido entre o final do primero cuarto e principios  do segundo, pero os rivais sempre se mantiveron por diante no marcador, con 9-15 puntos de vantaxe en case todo momento.

O Fontiñas atacou unha boa defensa e non foi quen de atopar solucións para para poder anotar con facilidade. Froito disto é o tanteo baixo do marcador, sobre todo tendo en conta que o Senior A é un equipo que até o de agora, caracterizouse por ser moi anotador nesta categoría. O partido chegou ao descanso con só 23 puntos.

Por momentos, o equipo local fixo unha boa defensa, e tirando de garra conseguiu poñerse a 9 puntos a falta de 6 minutos para o remate do encontro, pero eles volveron a poñerse serios en ataque para conseguir un novo parcial a favor, pero o Fontiñas non foi quen de volver a engancharse ao partido de novo.

Vista Alegre Bar Coruña 58 – 51 ADB Fontiñas

Derrota do ADB Fontiñas por só 6 puntos contra o Vista Alegre Bar Coruña nun partido bonito e moi igualado que estivo marcado principalmente, para o equipo visitante, polo pouco acerto cara o aro.

Malos porcentaxes no tiro de tres, lastraron moito as opcións do equipo de Fontiñas, así como semana pasada os rapaces do Fontiñas marcaron 10 triplas, nesta fin de semana, só se marcou unha.

Estos baixos porcentaxes notáronse nun partido intenso e moi igualado.  O equipo  visitante perdeu a dous xogadores por faltas persoais e por unha lesión pero a pesares desto, competiuse até o final.  O resultado final non reflexa a igualdade no encontro pois o Fontiñas arriesgou ao final á desesperada con algunha tripla e posterior falta, sen éxito.

Partido moi bonito e ben xogado no que se competiu en todo momento e que ao final caeu do lado local.

Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:

  • Cadete Masculino: La Salle – Fontiñas Pepe Payá
  • Infantil Masculino: NUCAMSA BasketDeza 46 – 69 Fontiñas Gato Negro
  • Mini Masculino: C.D. Bosco – ADB Fontiñas
  • Mini Feminino: Tradigas-Procesados Portosín CBPS 31 – 40 ADB Fontiñas
  • Premini Mixto: ADB Fontiñas 34 – 68 Restaurante Portofino Mixto

Resultados da Xornada do 3 e 4 de Novembro

p36qj1wd_400x400

Senior Feminino: Estudiantes de Lugo 77 – 23 Balidea Fontiñas

Derrota contundente das rapazas do Senior Feminino. O resultado final non reflexa a boa primeira parte do equipo de Fontiñas que chegou ao descanso cun 33 – 19 no marcador despois duns moi bos últimos 3 minutos do segundo cuarto. Neste primeiro cuarto, o equipo saiu moi concentrado, facendo uns bos primeiros minutos tanto en ataque coma en defensa. A partir de ese momento, Estudiantes subiu o nivel físico do partido e as nosas rapazas non conseguiron aguantar ao mesmo nivel, saíndo desconcentradas no terceiro cuarto.

No último dos cuartos do partido, o equipo non tivo moitas opcións debido principalmente á superioridade física das rivais, que nos superaron en termos de ritmo e intensidade.

 

Senior Masculino A: Concept Spain-desgüaces Santorum 49 – 54 Librería Follas Novas Fontiñas

Victoria por 5 puntos dos rapaces do Senior Masculino A.  O partido comezou moi trabado con 11-0 de parcial. O equipo reaccionou rápido e tras tempo morto, foron axustando un pouco máis a defensa e calmando o ataque, xogando posesións un pouco máis longas e buscando mellores tiros. Con esto chegouse ao término do segundo cuarto, con nove puntos abaixo despois dun triple do equipo local casi no último segundo do mesmo.

Tras o descanso, o equipo saíu con outra mentalidade defensiva. Non se permitiron canastas fáciles, o equipo estivo moi ben cerrando uns contra uns e moi ben no rebote. O Fontiñas fixo neste momento un parcial de aproximadamente 10 puntos co que se foron 1 punto arriba ao final do terceiro cuarto. Último cuarto muy ajustado no que ao final decidieron los tiros libres el conjunto visitante.

No tocante ás aportacións individuais, moi bo partido de Andrés, Dani e Redondo, que xogaron moi ben, así como Bruno xunto con Fran,  moi enérxico coma é habitual nel.

 

Senior Masculino B :  ADB Fontiñas 93 – 48 Tecven Padrón

Partido moi completo en defensa contra o equipo de Padrón, recién descendido da categoría precedente. O partido rompeuse no primeiro cuarto, no que o equipo local terminou 13 puntos arriba.

Ese bo traballo dende a defensa deixou sen opcións ao equipo rival. Gañáronse todos os períodos de 13 puntos para obter un resultado final de 45 puntos a favor do equipo de Fontiñas.

O locais tiveron un gran acerto exterior, marcáronse dez triples coma consecuencia de ter que atacar moitos minutos contra unha zona rival moi pechada, e que os rapaces do Fontiñas souberon romper moi ben. Destacar a actitude xeral do equipo, que plantexou un partido moi serio e ate o final, a pesares do abultado resultado . Victoria muy merecida e a seguir nesta liña para aspirar ao ascenso.

 

Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:

  • Cadete Masculino: Fontiñas Pepe Payá 17 – 122 San Pelayo Fedesa
  • Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 44 – 50 Rosalía de Castro Fedesa