Asemblea Xeral Ordinaria 2019

p36qj1wd_400x400

Estimados/as socios/as,

Remitímosvos a convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria  que temos previsto celebrar o vindeiro 12 de xuño.

Agardamos contar coa vosa asistencia, dada a importancia dos temas a tratar.

Podedes ver o documento da convocatoria, coa delegación de voto, aquí:

https://drive.google.com/open?id=1na11aIS6r5LiRF2ExeN7w6BM-U3RWQuz

2º Torneo Área Central de MINI Básquet


cartel 100x70 cm dia del padre 2018 03

Area Central e o Clube ADB Fontiñas, coa colaboración do Concello de Santiago e de Centro Deportivo, organizan de novo, o próximo sábado 13 de Abril, o 2ª Torneo Área Central de Mini Básquet. Este evento orientado á promoción do deporte nas fases de formación, contará coa participación dos equipos babybasquet, pre-minibasquet e minibasquet do ADB Fontiñas e dos clubes Colexio Apostol Santiago de Vigo, Clube Salesianos Vigo e EDM A Estrada.
Os dous equipos, nas categorías masculino e feminino, enfrentaránse en horario de 10:30 h.-14:15, pola mañán e de 15:30 h.-19:00 h pola tarde, en dúas canchas de baloncesto que se habilitarán para a ocasión dentro das instalacións de Área Central.
Haberá trofeos para o campeón e subcampeón e medallas para todos os participantes, ademáis o Centro Deportivo colaborará cos balóns do torneo.
Área Central é orgulloso patrocinador e colaborador do equipo Mini Feminino do ADB Fontiñas, equipo ó que tamén da nome (Area Central Fontiñas), que xoga na Liga Regular de Minibasquet de Santiago.