Acordos Asemblea 9 de Outubro 2015

O pasado venres, 9 de outubro do 2015, celebramos a Asemblea Extraordinaria da ADB Fontiñas. Como único punto na orde día figuraba a Suba de Cota. Despois das explicacións da Xunta Directiva someteuse a votación a seguinte proposta:

Subir 30 euros o ano por alumn@. A forma de pago, será de 100 euros en Outubro, 65 en xaneiro e 65 en marzo. A cota do soci@, sigue en 20 euros o ano.

Sometido a votación, o resultado foi: Votos a favor: 41, Votos en contra: 1.
Queda aprobada a suba de cota na temporada 2015-2016.

A Xunta Directiva tamén propuso dar de baixa a Marta Gomez, na Xunta Directiva e dar de alta a Victor Martinez Vales e a Antía Gil Baldomir. Votos a favor 19, votos en contra 0 e abstencións: 2.

Mantivemos un interesante debate de cuestións relativas a ADB Fontiñas, e sendo as 22:10 h. levantouse a sesión.

[IMPORTANTE] Convocatoria da Asemblea Ordinaria do ADB Fontiñas

O vindeiro Venres, 19 de Xuño, celebrarase a Asemblea Ordinaria do ADB Fontiñas, que terá lugar no pavillón de Fontiñas ás 20:00 en Primeira Convocatoria e ás 20:15 en Segunda, ca seguinte orde do día:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
2. Informe do Presidente
3. Informe de Tesorería
4. Festa de Fin de Temporada
5. Varios

Pregamos a todas as persoas socias que asistan dada a importancia dos temas a tratar.

Xornada 13 e 14 de Decembro

2ª Senior Feminino. Nigrán – ADB Fontiñas. Sábado ás 18:00 en Panxón (Nigrán)
4ª Senior Masculino: ADB Fontiñas Serlude – Milladoiro: Sábado ás 18:15 en Fontiñas

Junior: Noia – ADB Fontiñas Librería Fonseca: Sábado ás 16:00 en Noia.

Junior: ADB Fontiñas Alcampo – La Salle: Sábado ás 16:00 en Fontiñas.

Cadete: ADB Fontiñas Casa Pepe: Descansa.

Infantil: ADB Fontiñas Gato Negro – Rosalía: Domingo ás 10:00 en Rosalía [Ollo! Cambio e cancha!]

Mini Mixto: ADB Fontiñas Alcampo – San Pelaio: Sábado ás 10:45 h. en Restollal.

Premini Mixto: La Salle Mixto – ADB Fontiñas IGS: Sábado ás 12:00 en Restollal.