Asembleas ordinaria e extraordinaria do ADB Fontiñas

Convocatoria asemblea ordinaria.

Pola presente,
Convócase ás persoas socias da Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas á Asemblea Ordinaria
que terá lugar o vindeiro Xoves 23 de Setembro do 2021 ás 19:00 en Primeira Convocatoria e ás
19:30 en Segunda Convocatoria nas Oficinas de Área Central*, coa seguinte Orde do Día:

  1. Informe do Presidente
  2. Informe do Coordinador Deportivo
  3. Aprobación das contas do curso 2020 – 2021
  4. Asuntos varios

Convocatoria asemblea extraordinaria.

Pola presente,
Convócase ás persoas socias da Agrupación Deportiva Balonesto Fontiñas á Asemblea
Extraordinaria que terá lugar o vindeiro Xoves 23 de Setembro do 2021 ás 20:30 en Primeira
Convocatoria e ás 21:00 en Segunda Convocatoria nas Oficinas de Área Central*, cun punto
único na Orde do Día:

  1. Renovación da Xunta Directiva
    En base aos Artigos 10, 11 e 12 dos Estatutos da ADB Fontiñas, a renovación realizarase
    mediante elección de novo Presidente ou Presidenta, que será quen escolla ás persoas que
    forman parte da nova Xunta.
    As persoas que queiran candidatarse á Presidencia deberán enviar un mail ao correo
    adbfontinas@gmail.com antes do día 20 de Setembro. As persoas candidatas poderán defender
    o seu proxecto diante da Asemblea durante un tempo máximo de 10 minutos.
    No caso de que houbera máis dunha candidatura, a elección será segreda, conforme o Artigo 10
    dos Estatutos. No caso de haber unha soa candidatura, a elección realizarase por asentimento.
  • As Asembleas terán lugar nas oficinas situadas no -1 de Área Central, baixando as escaleiras
    situadas fronte á entrada principal de Área Central, diante de onde se situaba a Bolera.

Resultados da xornada do 28 e 29 de Novembro

                                             

SALESIANOS – ADB FONTIÑAS  (J2)

Segundo partido de liga e Fontiñas visita ao equipo de Salesianos de Vigo no encontro correspondente ao partido de volta da liga. Despois dun estraño quecemento, debido á espera para poder entrar no pavillón cumprindo as medidas do protocolo Covid, os xogadores composteláns entraron no partido moi fríos e con pouca tensión no seu xogo, permitindo canastras moi fáciles dos seus rivais e estando pouco acertados cara o aro en ataque, isto provocou que os vigueses escapasen no marcador 27-12.

Despois da arenga do adestrador no minuto de descanso entre cuartos, os santiagueses saíron cunha actitude diferente e con ganas de demostrar que non só foran de excursión a Vigo. Grazas a unha moi boa defensa e xogando a un ritmo máis alto, deron a volta ao marcador, indo ao descanso 34-36.

No terceiro cuarto de novo a defensa en zona plantexada por Salesianos creou dúbidas no xogo de Fontiñas, pero grazas de novo a ser sólidos en defensa e xogar con paciencia conseguiron manter a vantaxe acadada no segundo cuarto.

No último cuarto e con todo por decidir, os santiagueses saíron prantándolle cara ao partido, pero pouco a pouco con fallos en ataque comezaron o nerviosismo e a precipitación, o que provocou que os salesianos, coa cabeza mais fría e máis acerto, conseguisen levarse o partido e o Basketaverage.

Ao ser un grupo formado por 3 equipos, Fontiñas descansará agora as dúas próximas xornadas, polo que non volverá xogar ata o 16 de xaneiro contra o Rías Baixas de Vigo como visitante.

Parciais: 25-12, 9-24 (34-36), 18-21, 27-12 (79-69)

Faltas: 21 Salesianos e 21 Fontiñas. Eliminado Alonso A. de Salesianos

Anotadores:

ADB FONTIÑAS: Fer Cabo (1), Cereijo (8) , Jorge (21), Fran (7), Adrián (9), Bruno (13), Mujico (8), Pozu (2). Adestrador: Antón Berges

SALESIANOS:  Correa R. (13), Ogando P. (13), Míguez S. (19), Pérez X. (12), Domínguez X. (2), Iglesias P. (16), Alonso A (2), Vidal A. (-), Martínez B. (2)

Resultados da Xornada do 21 e 22 de Novembro

ADB FONTIÑAS – SALESIANOS (J1)

Agardado comezo de liga tras unha extraña pretemporada para o ADB Fontiñas. Neste primeiro partido, os santiagueses recibiron ao conxunto do Salesianos de Vigo. Ámbolos dous equipos afrontaron o partido con numerosas baixas.

No primeiro cuarto, os xogadores locais saíron con bastantes nervios e moitas imprecisións polas gañas de demostrar dende o comezo, o seu xogo. Esto provocou que os visitantes tomasen unha pequeña vantaxe de 2 a 6 no marcador. Tralo minuto de descanso (nova regra nesta temporada), os xogadores saíron mais tranquilos e pouco a pouco, facendo un bo taballo, acurtaron distancias para rematar con empate a 10 o período.

O segundo cuarto levouno o equipo do ADB Fontiñas cun mellor acerto no tiro e dous roubos de balón que permitiron rápidas transicións para anotar con facilidade. Esta vantaxe xa foi definitiva ata o final do partido, ainda que nunca conseguiu romper o partido o equipo local, xa que os visitantes continuaban a pelexar e a ter moitas opcións de anotar, grazas a cargar o rebote ofensivo (29-22 ao descanso).

Trala volta ao partido no descanso, os vigueses plantexaron unha defensa mixta que se lles atragantou aos compostelanos, facendo que se precipitasen na toma de decisións e facilitando que os xogadores rivais anotasen com facilidade e levasen no período, unha vantaxe de três puntos, recortando así distancias no marcador e deixando todo por decidir no último cuarto.

Con todo por decidir (47-43), os locais tiveron máis acerto no tiro no derradeiro período, anotando tres triples, e sendo quen de pechar mellor o rebote. Esto fixo que aumentasse a vantaxe faltando três minutos para o final do partido, vantaxe que xa foi definitiva para o resultado e lle permitiu ao Fontiñas levarse a victoria no primeiro partido de liga.

A próxima semana, os compostelanos volven a xogar contra Salesianos, xa que este ano os equipos se enfrontan a ida e volta, en xornadas contíguas, pero mantendo o formato de liga.

Parcíais: 10-10, 19-12 (29-22), 18-21, 17-13 (64-56)

Faltas: 20 Fontiñas e 15 Salesianos. Sen eliminados.

Anotadores:

ADB FONTIÑAS: Fer Cabo (10), Jacobo (10), Cereijo (-) , Jorge (3), Fran (1), Adrián (10), Bruno (11), Mujico (9), Pozu (10). Adestrador: Antón Berges

SALESIANOS:  Ogando P. (12), Míguez S. (11), Pérez X. (2), Domínguez X. (11), García H. (-), Iglesias P. (3), Baranda P. (9), Alonso A (-), Vidal P. (2), Martínez R (4)

Resultados da Xornada do 23 e 24 de Novembro

IMG-20191124-WA0003

2ª DIVISION MASCULINA: CB ARTEIXO DUACODE 59 – ADB FONTIÑAS 56 (J6)  

Saída do equipo do Fontiñas á dificil cancha do Arteixo, ante un equipo moi compacto e con moita experiencia na categoría.

O partido comezou moi mal para os santiagueses, con moitos nervos en ataque, e chegando a dispor de 5 triplas no mesmo ataque, pero errando os 5 intentos. Ese mal comezo, xunto coas canastas fáciles acadadas polos xogadores locais facían que obtivesen una diferenza de 22-8 nos compases iniciais que sería insalvable para o resto do encontro.

O segundo cuarto non comezou moito mellor para o Fontiñas, que ollaba como os xogadores locais seguían a se distanciar no marcador.

Unha vez tranquilizados, os de Fontiñas conseguiron, pouco a pouco, recortar o novo parcial e levarse o segundo cuarto por un punto, pero acabándoo con boas sensacións (40-27).

Tralo paso polos vestiarios e tratando de cambiar o ritmo con diferentes defensas, os visitantes recortaron o marcador chegando ao comezo do último cuarto a 9 puntos e coa sensación de que se podía pelexar polo triunfo no derradeiro cuarto.

Sen embargo, esto foi un pequeno espellismo, xa que de novo os xogadores locais conseguiron facer un parcial que esgotaba as esperanzas do Fontiñas, chegando ao final do encontro co un 69-56, que xusto foi a diferencia con que os locais conseguiron acabar o primeiro período.

Parciais: 22-8, 18-19 (40-27), 13-17, 16-12 (69-56)

Faltas: Arteixo 22, ADB Fontiñas 19. Sen eliminados

Anotadores:

ADB FONTIÑAS: Tomás (3), Cereijo (2), Reino (8), Adrián (2), Bruno (-), Daniel (6), Germán (-), Luis (21), Andrés (9), Aníbal (3), Reyes (2).

CB ARTEIXO: Abelenda (8), Antelo (2), Conchado (9), Vázquez (-), Sanmartín (7), Peña (4), Vilariño (-), Escariz (7), Souto (4), Moar (9), Cochón (19).

 
2ª DIVISION FEMININA:  Mouronte automóviles (47) – Balidea Fontiñas (54)  
Terceira victoria da tempada e tamén consecutiva para as rapazas do Balidea Fontiñas ante un rival complicado e moi intenso que impuxo un nivel físico moi alto durante todo o partido.

Comezaba titubeante o partido para ambos equipos, os primeiros tiros non entraban, pero pouco a pouco as rapazas do Balidea Fontiñas, gracias a unha grande labor defensiva e aproveitando vantaxes en ataque, foron depegándose moi lixeiramente no marcador. Pola metade do segundo cuarto, a vantaxe era xa de 7 puntos nun partido con tanteo baixo. Un mal final de segundo cuarto poñía o empate a 21 ao descanso.

Non arrancaba cómodo o terceiro cuarto para o Balidea Ftontiñas ante unha intensa presión a todo o campo do equipo local. Despois dun tempo morto a mediados do terceiro cuarto, as rapazas do Balidea Fontiñas sairon moi concentradas e moi intensas, conseguindo impoñer a súa defensa e con situacións ofensivas rápidas, rompendo o partido.

No derradeiro cuarto, o Balidea Fontiñas fixo gala dun alto estado de concentración, contendo a intensidade rival e controlando o partido, non permitindo que a vantaxe acadada se reduxese e manténdo sobre os 10 puntos.

Gran traballo de TODAS as xogadoras, dando un paso adiante no aspecto mental, ante un rival moi físico e duro.

Parciais:

(9 – 11), (12-10), (21 – 21 ao descanso), (16 – 21), (10 – 12)

Xogaron polo Balidea Fontiñas:

Otero, R (3); López, M (4); Cadaveira, B (11); Domínguez, A (24); Miñones, C (2) – quinteto inicial- Cardero, C (5); Pérez, N (0); Fernández, A (2); Cajaraville, I (1); Grela, T (2); Silles, A (0)

Os árbitros sinalaron:

22 faltas ás locais

21 faltas ás visitantes

 

ADB Fontiñas Bar Floows 62 – 71 Extrugasa Río Ulla

Un combativo ADB Fontiñas Bar Floows pon en problemas ao líder Río Ulla

O partido comezou cunha enorme intensidade do equipo local e un parcial de 11 – 0 no marcador, que obrigou ao Extrugasa a pedir un tempo morto no minuto 4 de partido. A partir de aquí as forzas equilibrándose, sobre todo por unha rocosa defensa zonal visitante que se mantivo todo o partido.

No segundo período o equipo visitante acurtou distancias até chegar ao descanso cun axustado 33 – 33 no luminoso. A partir de aquí o partido tivo idas e voltas até que a falta de seis minutos para o final o Extrugasa conseguiu coller a escapada boa tras unha serie de erros do equipo local produto do nerviosismo. Nos últimos minutos, aínda cun enorme traballo en defensa, a falta de acerto cara o aro tanto debaixo de canasta como no tiro exterior, así como unha serie de tiros libres fallados, condenaron ao ADB Fontiñas e evitaron a sorpresa da xornada.

Resultado final: ADB Fontiñas Bar Floows 62 – 71 Extrugasa Río Ulla

Parciais:

21 – 14

12 – 19

16 – 17

13 – 21

ADB Fontiñas: Piñeiro (0), Moldes (0), Gómez (0), Pereiras (7), Prieto (8), Redondo (20), Lucas (11), Oribe (14), Sorribas (0) ,Pérez (2)