Asemblea Xeral Ordinaria 2019

p36qj1wd_400x400

Estimados/as socios/as,

Remitímosvos a convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria  que temos previsto celebrar o vindeiro 12 de xuño.

Agardamos contar coa vosa asistencia, dada a importancia dos temas a tratar.

Podedes ver o documento da convocatoria, coa delegación de voto, aquí:

https://drive.google.com/open?id=1na11aIS6r5LiRF2ExeN7w6BM-U3RWQuz

2º Torneo Área Central de MINI Básquet


cartel 100x70 cm dia del padre 2018 03

Area Central e o Clube ADB Fontiñas, coa colaboración do Concello de Santiago e de Centro Deportivo, organizan de novo, o próximo sábado 13 de Abril, o 2ª Torneo Área Central de Mini Básquet. Este evento orientado á promoción do deporte nas fases de formación, contará coa participación dos equipos babybasquet, pre-minibasquet e minibasquet do ADB Fontiñas e dos clubes Colexio Apostol Santiago de Vigo, Clube Salesianos Vigo e EDM A Estrada.
Os dous equipos, nas categorías masculino e feminino, enfrentaránse en horario de 10:30 h.-14:15, pola mañán e de 15:30 h.-19:00 h pola tarde, en dúas canchas de baloncesto que se habilitarán para a ocasión dentro das instalacións de Área Central.
Haberá trofeos para o campeón e subcampeón e medallas para todos os participantes, ademáis o Centro Deportivo colaborará cos balóns do torneo.
Área Central é orgulloso patrocinador e colaborador do equipo Mini Feminino do ADB Fontiñas, equipo ó que tamén da nome (Area Central Fontiñas), que xoga na Liga Regular de Minibasquet de Santiago.

Resultados da Xornada do 17 e 18 de Novembro

p36qj1wd_400x400

ZABBA Zapatería Otero Caritón 57 – 52 Balidea Fontiñas

Bo comezo de encontro para o Fontiñas que exercía de visitante no derbi de Santiago.  No inicio, boa defensa e fluidez en ataque. A partir deste inicio, alternáronse momentos bos e outros non tan bos en ataque e en defensa.

Partido tenso no que as rapazas se atoparon moi concentradas en todo momento e no que se mantiveron con opcións para gañar até o final do encontro. Nos lances fináis do mesmo, o gran acerto final no tiro exterior das xogadoras locais fixo que a victoria se quedase anotada no seu casilleiro.

Boas vibracións neste encontro, e a seguires a traballar.

Riquela GMU 65 – 44 Librería Follas Novas Fontiñas

Derrota por 21 puntos do equipo Senior A a pesares do bo primeiro tempo, que rematou cun punto arriba no marcador.

A segunda parte comezou cun cambio defensivo do equipo local, que pasou a usar unha defensa en zona que os visitantes non conseguiron ler adecuadamente e non foron quen de anotar con facilidade. O Fontiñas tamén cambiou a súa defensa e pasou a defender en zona no último cuarto, pero a estas alturas do encontro, estábase a perder de 11 puntos e o equipo local , que fixo unha mellor lectura da situación, escapouse no marcador.

Non foi unha boa segunda metade do encontro e eso condicionou moito o resultado final contra un bo equipo da liga. A seguir a traballar para mellorar no próximo encontro.

 

Tamén xogaron e desfrutaron os máis novos:

  • Infantil Masculino: Fontiñas Gato Negro 52 – 44 La Salle PROYDE Mixto
  • Mini Feminino: ADB Fontiñas 25 – 30 EDM Ames
  • Premini Mixto: La Salle PROYDE Mixto- ADB Fontiñas