Resultados da Xornada do 18 e 19 de Novembro 2017

Senior Feminino 2ª: Zabba Zapatería Otero Caritón 34 – Balidea Fontiñas 53
Maria(13), Ana(3), Cristina(11), Rocio(5), Aida(2), Andrea(2), Aldara(14), Sara(3) e Natalia.
Chegou a cuarta victoria consecutiva e a quinta da tempada, que permite ó equipo seguir na parte alta da clasificación.
A victoria no derbi da capital chegou gracias a unha gran defensa das nosas que marcaron o ritmo do partido en todo momento, esto permitiulle ás de Fontiñas dominar o partido no marcador ate o final.
Bo partido e bo resultado para darlle a benvida ó novo patrocinador do equipo Senior Feminio: Balidea.

Senior Masculino B 3ª: Pepe Payá Fontiñas 55 – CB Ames 71
I. Sorribas(2), Fernández, X. Sorribas(8), Gómez, Andrade, Prieto(13), Lucas(15), Pereira(9), Oribe (8), Barcala
Partido moi disputado durante os tres primeiros cuartos donde o equipo de Fontiñas chegou a ter marxes de ate 10 puntos.
As boas defensas dábannos ventaxas momentáneas que se ían reducindo en momentos de perda de concentración. No último cuarto, as presas e a ansiedade menguaron os ritmos defensivo e ofensivo, desencadeando un resultado postivo para o equipo de Ames.

Senior Masculino A 3ª: Bar Vista Alegre 45 – Librería Follas Novas Fontiñas 62
Goitia(4),  Pérez(4),  Redondo(6), Suárez, Reigosa(4), Dios(2), Cambeiro(4), Varela(17), Weiss(6), Barreiro(7), Pérez(6) e Pasantes(2).
Partido marcado pola cancha esvaradiza e os erros nas finalizacións, o que facía que a renda do equiop visitante fora máis baixa que o desexado.
No  segundo tempo, o acerto ofensivo e a constancia defensiva fixo que o partido se rompese mediado o terceiro cuarto a favor do equipo de Fontiñas.

Bos partidos tamén para os equipos Minis e pre-minis. O partido do Infantil tivo que ser suspendido:

  • Infantil Masculino 2ª: Basket Ames – Gato Negro Fontiñas
  • Mini Feminino: Area Central Fontiñas 16 – Peleteiro B 10
  • Mini Masculino: López Ferreiro Rosalía 33 – Alcampo Fontiñas 66
  • Premini Masculino: Librería Follas Novas Fontiñas 25 – Galogrín Quiroga 26
  • Premini Feminino: Compañía de María 18 – Project Box Fontiñas 66

WhatsApp Image 2017-11-18 at 13.32.50

Advertisements

Quén nos axuda? Presentando a Balidea

2017-11-16_111739

Somos quén somos gracias ó esforzo e ó compromiso de moit@s: xogadores/as, adestradores/as, nais e pais, árbitros e moitos outros colaboradores desinteresados. Por suposto, e de xustiza decir, que gracias tamén a aquelas empresas e organizacións que colaboran con nós.

Hoxe queremos presentarvos a unha nova empresa colaboradora co club: Balidea

Balidea é unha empresa galega do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que ofrece servicios de consultoría, desenvolvemento e integración de software e externalización tecnolóxica. A súa sede principal está en Santiago de Compostela, pero o seu crecemento e internacionalización levoulles a abrir oficinas en A Coruña, Vigo, Lugo, León, Bilbao e Copenhage.

No sector TIC, caracterízanse pola súa xuventude e dinamismo, con equipos altamente cualificados e multidisciplinares. Estas son características e valores que compartimos dende o club, donde a humildade, o esforzo individual e o traballo en equipo han de ser o punto de partida para o éxito colectivo.

Balidea pasará a darlle nome ó noso equipo Senior Feminino nos próximos dous anos. Esperamos que conxuntamente, poidamos seguir traballando e compartindo éxitos no futuro.

 

Queredes saber máis de Balidea? Visitade a súa web: http://balidea.com/

 

Resultados da Xornada do 11 e 12 de Novembro 2017

ADB Fontiñas 74- AX Sagrado Corazón 32

Presentábase un partido duro polas baixas de Natalia e de Sara (por lesión) polo que o equipo principaba coas súas capacidades mermadas no xogo interior. Sen embargo, o equipo local sobrepúxonse ás adversidades e dende o primeiro minuto marcaron un alto ritmo de xogo que as visitantes non foron quen de igualar e destacaron rápidamente no marcador.

Acabou o primeiro cuarto con un claro 28-5 a favor do equipo compostelano. As rapazas do Fontiñas non baixaron o ritmo de xogo en todo o partido e conseguiuse vencer nun bo partido no que as xogadoras estiveron moi concentradas dende o principio ó final.

Chegou a cuarta victoria para o equipo de Fontiñas que as sitúa temporalmente no alto
clasificación da 2ª Femenina.

Maria(6), Ana(4), Lorena(2), Cristina(8), Rocio(4), Aida(23), Andrea(12), Aldara(13), Iria(2).

2017-11-15_165626

Senior Masculino B: basket Ribadulla 64 – Pepe Payá Fontiñas 59
Partido complicado e trabado que se xogou ó ritmo que quixo o rival. Só no terceiro cuarto o equipo compostelano conseguíu impoñer o seu xogo chegando a estar 10 puntos por riba no marcador.
Nos minutos fináis a veteranía dos xogadores do equipo local logrou impoñerse e acadaron a victoria.

f4651e18-be14-41d9-86a9-c1bb491191b62bc644ee-63d1-47ac-94c1-39075683ace6

Tamén desfrutaron e competiron o Infantil masculino e debutaron os equipos pre-mini, cos seguintes resultados:

  • Infantil Masculino 2ª: Fontiñas Gato Negro 20 – Obradoiro CAB Cenor 70
  • Premini Masculino: Basket Ames 24 – ADB Fontiñas 50
  • Premini Feminino: ADB Fontiñas 50 – Peleteiro Verde 12

Resultados da Xornada do 4 e 5 de Novembro 2017

55820665-034b-48cc-8878-6eaa0b0a042d

Senior Feminino 2ª: CB Laracha Nova Facial 40 – ADB Fontiñas 63

Maria(12),Ana(3),Cristina(12),Rocio(2),Aida(4),Andrea(5),Aldara(14),Sara(4)Natalia(2), Iria(5).

Primeira victoria a domicilio das santiaguesas cimentada nunha gran defensa. As xogadoras locais só anotaron 11 na primeira parte, pero o desacerto visitante evitou que a diferencia fose maior ó descanso, ó que se chegou con 10 puntos de vantaxe para as rapazas do ADB Fontiñas.

Tra-lo descanso, un parcial de 0-7 a favor das visitantes rompeu definitvamente o partido.

Unha victoria máis do equipo compostelán que o sitúa colider da 2ª división feminina.

Senior Masculino B 3ª: Pepe Payá Fontiñas 61 – Arzúa CAB 59

Iago Sorribas (10),Elias Fernandez, Martiño Pereiras (13), Manu Lucas Mariño (9),Joel Oribe(18),Ivan Ulla(6),Martin Barcala(2),Xaquin Montero,Carlos Perez12 (3)

Victoria moi axustada e traballada do equipo senior masculino B que tivo que sufrir para gañar ca casa contra o Arzúa CB. O equipo está en línea ascendente nestes inicios da tempada e manténse moi compacto, o que lle permite manterse nos postos altos da clasificación da súa categoría.

Infantil Masculino 2ª: C.D. Cluny 62 – ADB Fontiñas Gato Negro 11

Os rapaces do equipo infantil seguen a traballar duramente na busca do seu momento de forma e na súa conexión como equipo, que aínda está en curso. Non tiveron un bo resultado neste fin de semana, pero hai que adestrar duramente estes días para aprender e mellorar de cara ó próximo. Ánimo e adiante!