Resultados da Xornada do 11 e 12 de Novembro 2017

ADB Fontiñas 74- AX Sagrado Corazón 32

Presentábase un partido duro polas baixas de Natalia e de Sara (por lesión) polo que o equipo principaba coas súas capacidades mermadas no xogo interior. Sen embargo, o equipo local sobrepúxonse ás adversidades e dende o primeiro minuto marcaron un alto ritmo de xogo que as visitantes non foron quen de igualar e destacaron rápidamente no marcador.

Acabou o primeiro cuarto con un claro 28-5 a favor do equipo compostelano. As rapazas do Fontiñas non baixaron o ritmo de xogo en todo o partido e conseguiuse vencer nun bo partido no que as xogadoras estiveron moi concentradas dende o principio ó final.

Chegou a cuarta victoria para o equipo de Fontiñas que as sitúa temporalmente no alto
clasificación da 2ª Femenina.

Maria(6), Ana(4), Lorena(2), Cristina(8), Rocio(4), Aida(23), Andrea(12), Aldara(13), Iria(2).

2017-11-15_165626

Senior Masculino B: basket Ribadulla 64 – Pepe Payá Fontiñas 59
Partido complicado e trabado que se xogou ó ritmo que quixo o rival. Só no terceiro cuarto o equipo compostelano conseguíu impoñer o seu xogo chegando a estar 10 puntos por riba no marcador.
Nos minutos fináis a veteranía dos xogadores do equipo local logrou impoñerse e acadaron a victoria.

f4651e18-be14-41d9-86a9-c1bb491191b62bc644ee-63d1-47ac-94c1-39075683ace6

Tamén desfrutaron e competiron o Infantil masculino e debutaron os equipos pre-mini, cos seguintes resultados:

  • Infantil Masculino 2ª: Fontiñas Gato Negro 20 – Obradoiro CAB Cenor 70
  • Premini Masculino: Basket Ames 24 – ADB Fontiñas 50
  • Premini Feminino: ADB Fontiñas 50 – Peleteiro Verde 12
Advertisements

Resultados da Xornada do 4 e 5 de Novembro 2017

55820665-034b-48cc-8878-6eaa0b0a042d

Senior Feminino 2ª: CB Laracha Nova Facial 40 – ADB Fontiñas 63

Maria(12),Ana(3),Cristina(12),Rocio(2),Aida(4),Andrea(5),Aldara(14),Sara(4)Natalia(2), Iria(5).

Primeira victoria a domicilio das santiaguesas cimentada nunha gran defensa. As xogadoras locais só anotaron 11 na primeira parte, pero o desacerto visitante evitou que a diferencia fose maior ó descanso, ó que se chegou con 10 puntos de vantaxe para as rapazas do ADB Fontiñas.

Tra-lo descanso, un parcial de 0-7 a favor das visitantes rompeu definitvamente o partido.

Unha victoria máis do equipo compostelán que o sitúa colider da 2ª división feminina.

Senior Masculino B 3ª: Pepe Payá Fontiñas 61 – Arzúa CAB 59

Iago Sorribas (10),Elias Fernandez, Martiño Pereiras (13), Manu Lucas Mariño (9),Joel Oribe(18),Ivan Ulla(6),Martin Barcala(2),Xaquin Montero,Carlos Perez12 (3)

Victoria moi axustada e traballada do equipo senior masculino B que tivo que sufrir para gañar ca casa contra o Arzúa CB. O equipo está en línea ascendente nestes inicios da tempada e manténse moi compacto, o que lle permite manterse nos postos altos da clasificación da súa categoría.

Infantil Masculino 2ª: C.D. Cluny 62 – ADB Fontiñas Gato Negro 11

Os rapaces do equipo infantil seguen a traballar duramente na busca do seu momento de forma e na súa conexión como equipo, que aínda está en curso. Non tiveron un bo resultado neste fin de semana, pero hai que adestrar duramente estes días para aprender e mellorar de cara ó próximo. Ánimo e adiante!

Resultados da Xornada do 28 e 29 Outubro 2017

Xornada de aprendizaxe para para os equipos infantís e senior masculino, que non conseguiron a victoria. A alegría da xornada foi o equipo senior feminino que conseguiu impoñerse ó Santo Domingo de Betanzos na casa.

  • Infantil Masculino 2ª: O gato Negro ABD Fontiñas 27 – Peleteiro 68
  • Senior Masculino A 3ª: ABD FONTIÑAS LIBRERÍA FONSECA 51 – BEERLAB GMU 59
  • Senior Masculino B 3ª: BONAVAL CB 76 – Pepe Payá ADB Fontiñas 43
  • Senior Feminino 2ª: ADB Fontiñas 60 – SANTO DOMINGO BETANZOS 30

@s compañeir@s do equipo femininino fixéronnos unha crónica do último partido:

Maria(10),Ana,Lorena,Rocio(5),Aida(7),Andrea(11),Aldara(8),Sara(3),Natalia(4),Iria(11).
Victoria clara y contundente de las locales que empezaron con una gran defensa y abrieron un hueco que permitió jugar todo el partido con tranquilidad 17-2 al terminar el primer cuarto.
Con esta victoria se consigue la segunda en casa manteniendo la pista santiaguesa como un fortín y recuperando sensaciones tras un mal partido en Culleredo. Esto sigue para la semana visitamos Laracha un equipo muy duro en su casa, en el cual las nuestas buscaran la tercera victoria.
FELICIDADES chicas y a seguir entrenando a por la tercera.

Resultados da Xornada do 14 Outubro 2017

Novas victorias para os equipos Senior Masculino B e Senior Feminino. Polo que mateñen invictos ós equipos Senior neste estupendo inicio da tempada.

Parabéns a ambos!

ADB FONTIÑAS 65 – ADFRO 35

Fantástica e contundente victoria do equipo Senior Feminino, que se impuxo por trinta puntos ó ADFRO para situarse como líder provisional da liga.

Os datos do partido podéde-los ver aquí: http://fegaba.com/partido?match=3983

Así queda a clasificación provisional da Xornada 1 na 2ª División Feminina:

ClasificacionSeniorF_X1_17_18

PEPE PAYÁ FONTIÑAS 59 – CB RIVEIRA 46 

Os rapaces do equipo Senior B Masculino tamén se impuxeron na casa contra o CB Riveira. Boa victoria, que matén ó equipo como líder da liga, empatado a victorias con CBAT, Bonaval e Milladoiro.

Os datos do partido podéde-los ver aquí: http://fegaba.com/partido?match=3291

Así queda a clasificación provisional da Xornada 2 no grupo SANTIAGO B da 3ª División Masculina:

ClasificacionSeniorMB_X1_17_18