Etiqueta: patrocinadores
Dominios .gal e .com
Este ano obtivemos un pequeno agasallo de Entroido 2018!
Dende hoxe, o clube xa dispón de dominios .gal e .com nas súas direccións de Internet. Aquí os tedes:
www.adbfontinhas.gal
www.adbfontinhas.com
Quen nos axuda? Eternas librerías Follas Novas e Fonseca
Se hai algunha empresa cun vínculo especial co clube, esta é, sen dúbida, a asociación das dúas librerías Follas Novas e Fonseca. A proba de esto son os máis de 10 anos de apoio cultural e económico. A súa colaboración constante en momentos bos e malos é a demostración práctica da tenacidade e perseverancia que a caracteriza. Dende o clube, agradecemos profundamente a súa axuda, e desexámoslle que continúe sendo considerada como un dos referentes culturais da cidade.
Fundada en 1971 por D. Rafael Silva Costoyas a Librería Follas Novas pronto pasou a ser un referente da vida cultural da nosa cidade. De feito o mismo D. Domingo Garcia-Sabell nomeariaa no seu momento como a segunda catedral de Santiago, a cultural.
Hoxe en día Follas Novas ofrece o público máis de un millón de libros, repartidos nas suas tres plantas do local de Montero Ríos, 37 e na nova librería infantil-xuvenil, sita na mesma rúa no nº50.
Este ano 2017, librería Follas Novas recolle o testigo da sua irmá pequena, Librería Fonseca, no patrocinio do equipo Masculino de 3ª división A, e apostando pola canteira, tamén será o patrocinador nos próximos anos do equipo premini masculino.
O ADB Fontiñas e Follas Novas desexamos que xogadores, adestradores, pais, directiva e colaboradores do clube fagamos un esfrozo para que cultura, deporte e educación vaian da mesma man.
Queres saber máis? Achégate á súa Web: https://www.libreriafonsecadecompostela.es/es/
Quén nos axuda? Presentando a Balidea
Somos quén somos gracias ó esforzo e ó compromiso de moit@s: xogadores/as, adestradores/as, nais e pais, árbitros e moitos outros colaboradores desinteresados. Por suposto, e de xustiza decir, que gracias tamén a aquelas empresas e organizacións que colaboran con nós.
Hoxe queremos presentarvos a unha nova empresa colaboradora co club: Balidea
Balidea é unha empresa galega do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) que ofrece servicios de consultoría, desenvolvemento e integración de software e externalización tecnolóxica. A súa sede principal está en Santiago de Compostela, pero o seu crecemento e internacionalización levoulles a abrir oficinas en A Coruña, Vigo, Lugo, León, Bilbao e Copenhage.
No sector TIC, caracterízanse pola súa xuventude e dinamismo, con equipos altamente cualificados e multidisciplinares. Estas son características e valores que compartimos dende o club, donde a humildade, o esforzo individual e o traballo en equipo han de ser o punto de partida para o éxito colectivo.
Balidea pasará a darlle nome ó noso equipo Senior Feminino nos próximos dous anos. Esperamos que conxuntamente, poidamos seguir traballando e compartindo éxitos no futuro.
Queredes saber máis de Balidea? Visitade a súa web: http://balidea.com/