ADB Fontiñas 74- AX Sagrado Corazón 32
Presentábase un partido duro polas baixas de Natalia e de Sara (por lesión) polo que o equipo principaba coas súas capacidades mermadas no xogo interior. Sen embargo, o equipo local sobrepúxonse ás adversidades e dende o primeiro minuto marcaron un alto ritmo de xogo que as visitantes non foron quen de igualar e destacaron rápidamente no marcador.
Acabou o primeiro cuarto con un claro 28-5 a favor do equipo compostelano. As rapazas do Fontiñas non baixaron o ritmo de xogo en todo o partido e conseguiuse vencer nun bo partido no que as xogadoras estiveron moi concentradas dende o principio ó final.
Chegou a cuarta victoria para o equipo de Fontiñas que as sitúa temporalmente no alto
clasificación da 2ª Femenina.
Maria(6), Ana(4), Lorena(2), Cristina(8), Rocio(4), Aida(23), Andrea(12), Aldara(13), Iria(2).
Senior Masculino B: basket Ribadulla 64 – Pepe Payá Fontiñas 59
Partido complicado e trabado que se xogou ó ritmo que quixo o rival. Só no terceiro cuarto o equipo compostelano conseguíu impoñer o seu xogo chegando a estar 10 puntos por riba no marcador.
Nos minutos fináis a veteranía dos xogadores do equipo local logrou impoñerse e acadaron a victoria.
Tamén desfrutaron e competiron o Infantil masculino e debutaron os equipos pre-mini, cos seguintes resultados:
- Infantil Masculino 2ª: Fontiñas Gato Negro 20 – Obradoiro CAB Cenor 70
- Premini Masculino: Basket Ames 24 – ADB Fontiñas 50
- Premini Feminino: ADB Fontiñas 50 – Peleteiro Verde 12