Acordos tomados na Asemblea da ADB Fontiñas

1º) Situación actual da Agrupación no tema d@s soci@s

Explícase a problemática actual da Agrupación: falta de colaboración por parte d@s membr@s da mesma na captación de soci@s, que leva a un problema de liquidez que provocará, de non resolvelo, que para o ano que vén non se poidan facer todos os equipos previstos.

Despois dun debate intenso, decidimos facer unha preinscripción de alumn@s  en xuño, para poder pasar a remesa a primeiros de setembro. Será cun compromiso de devolución se @ alumn@ non continua na Agrupación. A Xunta Directiva estudará o tema e plantexarase nunha nova asemblea para a súa aprobación. En maio, @s adestrador@s falarán c@s seus alumnos e alumnas, para informarlles deste tema.

Seguirase insitindo na captación de soci@s: se cada membro da Agrupación fai 2 soci@s (40 euros) están resoltos os problemas de liquidez do Clube e poderase comezar a campaña 2014-15 sen sobresaltos e cos equipos previstos.

Falamos tamén de ter unha reunión cas Junior/Senior Feminino para valorar o futuro deste equipo.

Tamén se comenta a posibilidade de incorporar xente nova á Directiva.

2º) Asuntos do máximo interesese para o Club

Organización do Iº Torneo de Baloncesto de Fontiñas o vindeiro 12 de abril, nos pavillóns de Monte dos Postes e Fontiñas. [Podedes ver aquí calendario e colaboracións].

Esperamos contar ca participación de todol@s membr@s da Agrupación e a axuda precisa para levar o Torneo a bo porto.

3º) Rolda aberta de intervencións

a) Decálogo de boas prácticas para Pais/Nais e alumn@s: entregouse copia e está no blog.

b) Non inscripción do equipo Cadete Masculino Alcampo no Torneo por motivos disciplinarios.

c) Cadete Masculino Casa Pepe, de Martín, non participa ao estar o seu adestrador en Madrid.

d) Infórmase da non participación na Copa Primavera.

Sendo as 22:10 horas, levántase a Asemblea.

Asdo. José Mª Dios Diz, Presidente da ADB Fontiñas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s